![A camiseta de Luis Davila das Carrilanas de Esteiro 2016 xa está na rúa]()
A camiseta de Luis Davila das Carrilanas de Esteiro 2016 xa está na rúa
Unha das citas máis esperadas do verán muradán xa está aquí. O paseo marítimo de Esteiro foi testemuña da presentación do vindeiro
XXIX Gran Premio Carrilanas de Esteiro Marqués de Vizhoja 2016, que terán lugar este fin de semana, o 16 e 17 de xullo.
No acto, o gran protagonista foi o presidente da Asociación Deportiva e Cultural Esteirana de Carrilanas, Ramiro García, “O Gerente”, membro fundador da ADC Esteirana de Carrilanas e
recentemente homenaxeado en Trasouteiro, ademais dos representantes da empresa patrocinadora Bodegas Marqués de Vizhoja.
Todos ensalzaron a labora da entidade organizadora para armar este “evento referente dun ocio saudable, entrañable e respetuoso que acada, ano tras ano, non só máis notoriedade senón tamén máis apoios, proba evidente do bo facer que dende a organización se está a desenvolver”.
![Imaxe da Baixada do ano pasado]()
Imaxe da Baixada do ano pasado
![A Carrilanas dos Patrocinadores tamen competira]()
A Carrilanas dos Patrocinadores tamen competira
Serán 70 as carrilanas que percorran a famosa baixada para deleite dos centos de persoas que ateigan as beirarrúas. Ademais, exposición, verbenas e moito máis.
No punto de mira desta XXIX edición segue a estar
a consecución da designación do Gran Premio Carrilanas de Esteiro Marqués de Vizhoja como Festa de Interese Turístico Nacional; “Sabemos que non é doado, que son moitas as restricións da regulación, pero tamén é certo que nunca estivemos tan preto, é cuestión de meses que por fin poidamos celebrar que Esteiro xa teña unha festa de interese turístico nacional.”, aseverou David Fernández.
Programa completo
![Gran Prix Carrilanas Esteiro 2016]()
VENRES 15 DE XULLO
![Festas de Santa Marina de Esteiro co Gran Prix de Carrilanas]()
-20H adestramentos oficiais libres
SÁBADO 16 DE XULLO
-De 12 a 15 h exposición de carrilanas obligatoria na Alameda. Reparto de dorsais e control de firmas.
-Sesión Vermut (haberá pulpeira)
-De 15h a 17h subida de carrilanas a cargo da organización.Saída da Alameda.
-17h peche ao tráfico para todos os vehículos.
-19:00h Pole Position. (Baixada cronometrada de Carrilanas ata a “Calle do Sol”.
-23h FESTA DAS CARRILANAS
Coa actuación do Grupo Folk Melidaos, Pablo Balseiro y Los Cascarillas, Monoulios Dop
DOMINGO 17 DE XULLO
-13h exposición obrigatoria de carrilanas na Alameda.
Sesión vermú con orquestra.
-Actuación durante todo o día da charangas Santiaguiño e Compostela
-19:00h saída das carrilanas de rapaces.
-19:30h saída das carrilanas lentas.
-20:00h saída das carrilanas rápidas.
-Ao remate entrega de trofeos e degustación de productos da terra e do mar, regados con viño Marqués de Vizhoja, na Alameda.
-A continuación VERBENA CON ORQUESTRA na honra a Santa Mariña.
LUNS 18 DE XULLO
-Dianas e alboradas con XEITURA, AGROCOVO E OS BREAS.
-Pola noite VERBENA CON DÚAS ORQUESTRAS na honra a Santa Mariña.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)