A 24ª edición FIOT nunha exposición en Versión Orixinal


Falabamos onte desa visión orixinal de 3 artistas carballesas. E precisamente tiña lugar onte, a presentación, no marco do do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT), desa exposición artística "Versión orixinal", que pretende servir de liña argumental sobre a que o FIOT xira nesta edición.
As artistas Eva Facal, Laura Tova e Mon Lendoiro estiveron arroupadas polo Alcalde de Carballo, Evncio Ferrero, e o Presidente da Asociación Cultural Telón e Aparte organizadora do FIOT, Alberto Sueiro.
A sala de exposicións do Auditorio do Pazo da Cultura trasnformouse para darlle cor ás tres versións diferentes sobre un mesmo concepto e idea. As obras reclaman o protagonismo da súa propia voz, onde converten ao espectador en cómplice da súa verxión orixinal. Mon Lendoiro optou por unha pintura misturada con collage, Laura Tova expuxo unha obra pictórica fusionada con outros elementos e Eva Facal montou unha instalación.
O resultado: tres obras fusionadas nunha soa, pero cada unha con entidade propia.
A mostra permanecerá aberta no andar -1 do Pazo da Cultura até o domingo 1 de novembro en horario de 18.00 a 21.00 hora.

Novas relacionadas
- Tres artistas carballeses mostran a súa particular visión sobre o FIOT.
- A biblioteca Rego da Balsa recupera toda a súa actividade.
- Fin de semana de estreas no FIOT.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- Concello de Carballo.