![A coral Xan Mella de Baio participou no XXI Certame de canto coral de Culleredo]()
A coral Xan Mella de Baio participou no XXI Certame de canto coral de Culleredo
O pasado sábado, os membros da
coral Xan Mella de Baio - unha das máis internacionais da Costa da Morte - viaxaron ata Culleredo para participar no XXI certame de canto coral que tivo lugar na igrexa de Tarrío. Convidados pola anfitrioa coral Fonte do Couto - que cumpría 23 anos - os de Baio participaron no certame xunto coa coral de Santa Comba de Cordeiro - Valga - e a coral de Melide.
A coral Xan Mella foi acompañada ao piano pola xoven
Antía Vidal e estreou o tema “Ronda de namorados” da Zarzuela “La del soto del parral”. Tamén fixeron o seu estreo coa coral Ana María Sarria Cruz e Blasco Rodríguez Porta, sangue nova para unha polifónica que o ano que ven cumprirá 15 anos.
Ao remate as catro corais xuntas interpretaron "A muiñeira do Santo Amaro".
A coral baiesa xa traballa no próximo encontro de corais que terá lugar no mes de xuño en Baio.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Coral Xan Mella