mércores. 30.04.2025
El tiempo

A Costa da Morte comprométese con APEM

A Costa da Morte comprométese con APEM
Usuarios de APEM presentando o video Usuarios de APEM presentando o video

Superou todas as expectativas a familia da Asociación Pro Enfermos Mentais na súa II Cea Solidaria. Socios e veciños comprometidos encheron o restaurante Pastoriza de Vimianzo para celebrar o Día Mundial da Saúde Mental, e para seguir conseguindo unha mellor empatía dentro da sociedade.

Asistiron 300 persoas, entre as que se encontraban representantes políticos das comarcas de Bergantiños e Soneira-Fisterra, o director de FerroAtlántica Carlos Oliete, o subdirector médico do Hospital Martín Mario Díaz, o coordinador da área sanitaria de Coruña Juan Carlos Díaz del Valle, profesionais do campo da saúde, servizos sociais e cultura e deportes, profesores do institutos da zona, onde a entidade leva a cabo campañas de sensibilización, familiares, socios e amigos.

Cheo o Restaurante Pastoriza para a Cea Solidaria de APEM Cheo o Restaurante Pastoriza para a Cea Solidaria de APEM

Foi ademais unha cea emotiva e divertida, dirixida por Fran Hermida, que arrincaba a gala facendo alusión ó lema deste ano “Son coma ti, peso que aínda non o saibas”. Logo interviu a presidenta de Apem, Toni Pérez Amieiro dando as grazas a tódolos asistentes e dando paso ós usuarios para ler o manifesto deste ano do Día Mundial de Saúde Mental. A última intervención a fixo o alcalde de Vimianzo agradecendo a asociación a labor que está a facer nesta zona coas persoas con enfermidade mental e coas familias.

O momento máis fermoso, e que sacou as bágoas de boa parte dos asistentes, foi a proxección dunha curta dos usuarios de APEM no que se reflexa a loita polos prexuízos das sociedade. A música do vídeo foi composta por Serj, compositor vimiancés e traballador de Apem.

Nas sobremesas sorteáronse unhas pezas de cerámica feitas por usuarios da asociacion no taller de Kerámicos. Finalizou a cea dando o paso a magnífica actuación do grupo de música Carta de Ajuste composto por David Taboada e Iván Valdés, que sacou, neste caso, as risas, de todos os asistentes.

Parabéns á familia de APEM, que demostra que “Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, PODE CAMBIAR O MUNDO”.

Carta de Ajuste cantando para APEM Carta de Ajuste cantando para APEM

Novas relacionadas

 

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios