A Cruz Vermella de Vimianzo axudou durante o 2016 a 122 persoas
08:09 20/05/17
A asamblea local da Cruz Vermella en Vimianzo organiza distintos talleres e charlas ao longo de todo o ano
Durante o 2016, a asamblea local da Cruz Vermella en Vimianzo atendeu a 122 persoas, das que 102 eran persoas en extrema vulnerabilidade que obtiveron axudas a través do reparto de alimentos da FEAD, kits de hixiene, apoio educativo ou bens materiais tales como unha lavadora e un frigorífico, ademáis das donacións realizadas polos veciños e veciñas da contorna.
Así se recolle na memoria de actividades presentada onte nun acto no que participaron Rebeca María Veiga López - presidenta de Cruz Vermella en Vimianzo -; Mercedes Casanova Díaz - presidenta de Cruz Vermella A Coruña -, e Fernando Mancebo - tenente alcalde en Vimianzo -.
Ademais das axudas, a Cruz Vermella desenvolveu en Vimianzo durante o pasado ano varios proxectos como a promoción do éxito escolar , charlas sobre o acoso escolar e as drogas, varias campañas de sensibilización e dúas exposicións para dar a coñecer o programa de Acollemento Familiar.
Durante o 2016, un total de 13 persoas maiores da localidade beneficiaronse do servizo de Teleasistencia de Cruz Vermella. Os membros da organización fixeron un total de 29 acompañamentos en domicilio e á realización de xestións, e 5 persoas asistiron aos talleres de alfabetización dixital organizados pola entidade.
Ademais destas, durante o 2016 a asamblea da Cruz Vermella en Vimianzo participou na I legua Irmandiña, organizou unha charla sobre a diabetes e realizaron un total de 5 cursos de diversas temáticas nos que participaron 147 persoas.
A asamblea da Cruz Vermella en Vimianzo está formada por 30 voluntarios e voluntarias que participan activamente nas distintas actividades e proxectos da entidade.
Café con cooperantes
Por outra parte, o vindeiro 24 de maio terá lugar no pazo da Cultura de Carballo unha charla dirixida por Roberto Mallo Souto e que baixo o título "Café con cooperantes" adentrará aos asistentes no mundo da cooperación internacional. Os interesados en participar poderán charlar e compartir un café de comercio xusto.
Novas relacionadas
- Os maiores de Vimianzo poden aprender a usar o ordenador coa Cruz Vermella
- A Cruz Vermella de Vimianzo propón un Curso de Mobilización de Pacientes
- A Cruz Vermella organiza en Vimianzo un curso de primeiros auxilios en bebés e nenos
- Cruz Vermella expón a mostra “En familia, por dereito” na casa da Cultura de Vimianzo
- Cruz Vermella busca familias de acollida para nenos e nenas
- A Cruz Vermella de Vimianzo fomenta a sensibilización nos centros educativos
- 2016: A Cruz Vermella de Vimianzo atendeu en 2015 a 182 persoas da bisbarra
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Cruz Vermella Vimianzo