A Cruz Vermella de Vimianzo propón un Curso de Mobilización de Pacientes


Coñecer e practicar técnicas de mobilización de persoas con mobilidade reducida son indispensables para traballar con persoas dependentes. Este curso transmite os coñecementos e as técnicas de actuación correctas neste sentido. Por iso, a Cruz Vermella de Vimianzo impartirá un novo Curso Mobilización de pacientes. É un curso homologado de 20 horas, que se celebrará os días 26 e 27 de novembro e 2 e 3 de decembro (os venres de 16:00h a 21:00h e os sábados de 09:00 a 14:00h).
Os alumnos e alumnas poderán poñer en práctica maniobras e técnicas de mobilización empregando os múltiples recursos como grúas, camas articuladas, maniquíes, etc.
O prezo é de 90€ (81€ para estudantes, desempregados e socios, e 72 para desempregdos de máis de 3 meses. Poden inscribirse no 981 717136 ou no Local da Cruz Vermella, embaixo do Xeriátrico.
Fonte
- Cruz Vermella.