mércores. 14.05.2025
El tiempo

A Deputación crea máis de 100 empregos nos concellos da Costa da Morte

A Deputación crea máis de 100 empregos nos concellos da Costa da Morte
pel-concellos-deputacion-coruna A Deputación finanza a contratación dos traballadores a través da liña PEL-Concellos A Deputación da Coruña, a través da liña de apoio aos Concellos do Plan de Emprego Local (PEL-Concellos), financia a contratación de 477 persoas para realizar servizos básicos nos 82 municipios coruñeses de menos de 20.000 habitantes durante o 2017. Deste, un total de 70 postos de traballo serán nos distintos concellos que forman a Costa da Morte. En total, a institución principal distribuíu un total de 2.657.354,71 euros, que se utilizarán para sufragar os custos salariais de seguridade social de 119 persoas na comarca de Santiago, 104 en Ferrolterra, 78 na área da Coruña, 70 en Bergantiños-Costa da Morte e 66 no Barbanza.  Entre os municipios nos que máis postos de emprego se crearán grazas ás axudas da Deputación destacan As Pontes con 20, Noia con 18, Muxía con 15 e Cee con 14. Precisamente estes días, publicábase no BOP a contratación de 6 peóns no concello de Zas Os operarios realizarán labores como recollida e tratamento de residuos, limpeza viaria, mantemento de alcantarillado e alumeado público, melloras no acceso aos núcleos de poboación e pavimentación de camiños, mantemento de parques e xardíns ou traballos nas bibliotecas municipais. Deste modo, a liña PEL-Concellos do Plan de emprego da Deputación persegue un dobre obxectivo: por unha banda, mellorar a prestación de servizos e obras a nivel local por parte dos concellos que, debido á crise e ás restricións que afectan a todas as entidades locais, teñen dificultades para cubrir axeitadamente a prestación de servizos mínimos esenciais para a poboación e, por outra banda, favorecer a incorporación ao mercado laboral de persoas con necesidades especiais e con maiores dificultades para atopar un emprego. Segundo subliñou o presidente provincial, Valentín González Formoso, neste segundo ano da posta en marcha do PEL, “a Deputación pretende manter a súa aposta polo emprego como a principal prioridade e o eixo transversal das súas políticas”. En total, durante os anos 2016 e 2017 o PEL-Concellos supón un investimento de 5.825.254 euros para a creación de emprego nos pequenos e medianos concellos coruñeses. Para a asignación dos fondos a cada concello, a Deputación utilizou como criterio de distribución das axudas o número de persoas desempregadas en cada municipio en lugar do número total de habitantes, como se viña facendo ata 2015, de xeito que o reparto sexa máis equitativo e acorde ás necesidades reais en materia de creación emprego de cada concello. Requisitos A Deputación esixe nas bases do programa que a contratación beneficie especialmente a aqueles colectivos máis afectados polo desemprego: maiores de 45 anos, parados de longa duración, persoas cun grao recoñecido de discapacidade, persoas pertencentes a fogares con todos os seus membros en paro, vítimas de violencia de xénero, persoas en risco de exclusión social ou mulleres, dado que o índice de paro rexistrado entre as mulleres é sensiblemente superior ao dos homes. Dentro destes colectivos, os concellos primarán a aquelas persoas que teñan rematado favorablemente programas de capacitación, formación e integración no mundo laboral organizados ou financiados polas administracións públicas. Comarca de Bergantiños- Costa da Morte  
CONCELLO Asignación (euros) Persoas a contratar
Cabana de Bergantiños 37.000 9
Camariñas 43.000 7
Cee 49.000 14
Cerceda 33.999,45 7
Corcubión 25.000 3
Coristanco ---* ---
Dumbría 31.000 7
Fisterra 41.244,30 6
Laracha (A) 49.000 10
Laxe 34.000 6
Malpica de Bergantiños 37.000 12
Muxía 37.000 15
Ponteceso 37.000 3
Vimianzo 42.714,88 5
Zas 33.828 6
Santa Comba 49.000 8
 
Mazaricos 27.970 4
 
Muros 46.000 6
TOTAL 502757,18 103
*Segundo indica a Deputación da Coruña, Coristanco non se atopa ao corrente nas súas obrigas coa Axencia Tributaria e non queda acreditado que teña aprobada e presentada a Conta Xeral do ano 2015 Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Deputación da Coruña

Comentarios