mércores. 30.04.2025
El tiempo

A escaseza de choivas pon en alerta vermella o caudal do encoro da Fervenza

A escaseza de choivas pon en alerta vermella o caudal do encoro da Fervenza
Dramática situación do Encoro da Fervenza de Mazaricos neste decembro de 2015 Dramática situación do Encoro da Fervenza de Mazaricos neste decembro de 2015 Como auga de maio - pero en decembro - recibiranse as choivas anunciadas por 4gotas.com para este domingo despois de ver os datos do último informe de Augas de Galicia sobre a capacidade actual do encoro da Fervenza. Os datos máis recentes remóntanse ao 8 de decembro, data na que a porcentaxe de auga embalsada era do 28,16%. É decir, que dos 103 hm3  de capacidade que ten o encoro, tan só había 29 hm3 de agua embalsada. Os datos son aínda máis alarmantes se se comparan coa da última semana, xa que os niveis baixaron un 11% sendo máis propios da época estival que nos días previos á entrada do inverno. Na mesma semana do ano pasado os niveis do caudal do encoro eran do 54,37% ; cun total de 56 hm3. Niveis do encoro da Fervenza a 8 de decembro de 2015 Niveis do encoro da Fervenza a 8 de decembro de 2015 "Ou chove como ten que chover ou a finais de decembro estaremos en alerta vermella con cortes no suministro de auga" aseguran expertos no tema. Dramática situación do Encoro da Fervenza de Mazaricos neste decembro de 2015 Dramática situación do Encoro da Fervenza de Mazaricos neste decembro de 2015 Dramática situación do Encoro da Fervenza de Mazaricos neste decembro de 2015 Dramática situación do Encoro da Fervenza de Mazaricos neste decembro de 2015 Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
  • Augas de Galicia

Comentarios