A esencia das novidades
05:58 03/07/17
Na pétrea razón do normalizado imos dando por válido aquelo que é abertamente anormal. E repítense as mesmas atrocidades, ano tras ano, ante a nosa tranquila pasividade polas loucuras do cotiá.
Mentres os astrónomos solicitan fondos urxentemente pola aproximación dunha nova “época de impactos”, as autoridades das grandes potencias, prefiren invertir en armamento e outras barbaridades varias.
O Trump, que está máis zumbado do que parece, súmase a esa nova moda de negar o cambio climático, cecáis por motivos alleos a ideoloxía e máis relacionados coa industria e a economía dos putos yankis. E, en datas recentes, rexistrase un novo record de temperatura en Irak con eses 57º centígrados que xa dan para fritir un ovo na tona da carretera.
E sonche cartiños que se aforran en incubadoras para pitos e se os pozos de auga se secan pois, non pasa nada, emigran todos ó norte e resolto o problema. E neste punto do artigo quero facer hoxe un chamamento a todos vós para que prestedes especial interese os animais sureños que nos están visitando últimamente e tamén sacade a lupa para ollar con marcado interese os cambios no comportamento das especies locais.
Podemos poñer o exemplo das gaivotas, que fai algunhas décadas aniñaban exclusivamente nas illas, e agora, tomaron prestados tellados e obras en barbeito. Eso si, indicar (como dato), que nalgunhas zonas da nosa costeira elixen terceira linea e planta cuarta ou tellado.
Meditemos sobre esta cuestión xa que elas se toman tantas molestias a hora de elixir un emplazamento seguro para as súas niñadas. Por non falar das andoriñas, os tabeiróns, mosquitos tigre, túnidos, víboras e outros moitos visitantes. Pero iso e outras moitas cousiñas xa volo contarei o longo do vrán nas vindeiras aventuras de A ESENCIA DAS NOVIDADES.
- Óscar de Souto, pintor de follas en branco e autor de Trece Poemas.
Outros artigos de Óscar de Souto
- 17 de maio: Crónica dunha gran desfeita.
- Peregrinos de Autopista.
- A nosa sangue celeste.
- Descende o paro na Costa Morta.
- A creatividade costeira… florece na primavera.
- Mar de Fábula falará co mar nos coídos do Touriñán.
- O verdadeiros donos da Casa Republicana do Concello de Cabana.
- Buscando tesouros na praia de Laxe.
- A morte da Costa da Morte.
- Todos fomos ese neno labrego de Neira Vilas.
- Unha de cal e unha de area.
- Obscenidade, sexo e poesía.
- O Raio Vermello de Dombate.
- #12do12ás12: Galicia…. en pé de guerra.
- Con Laxe no punto de mira.
- Esta nosa Costa do Solpor.
- Brúan as vacas en Fisterra.
- A maxia dos sons ocultos.
- Carta aos amigos da radio libre.
- A puta conciencia.
- O rescate das gafas vermellas.
- Os Emperadores do mundo.
- Turismo de cantimplora.
- Os lobos feroces.
- En Laxe… os meniños escoitan cisnes.
- O Día das Letras… sen letras.
- Agora que as nosas casas son as casas do mar.
- Sen corpo para festas.
- Os timadores da bombona.
- Porcos e pienso.
- Alén dos nosos mares atlánticos.
- Con rumbo a porto esperanza.
- Crónica dunha morte anunciada.
- De vacacións a Suiza.
- Os laboratorios do verso.
- As nosas Rosalías.
- Esa amante secreta de Eduardo Pondal.
- O Dolmen de Dombate e o raio vermello do Solsticio de inverno.
- A envexa dos anxos e das prumas.
- Antón Borrazás, apagouse a túa luz.
- A cousa de Dombate… a debate.
Novas relacionadas
- Nova poesía para as ondas de radiONeria e Radio Roncudo con Óscar de Souto.
- Cabaneses que espallan cultura.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).