A falta de choivas pon en alerta a varios concellos da Costa da Morte
08:12 24/08/17
O concello de Carballo pechou as fontes ornamentais como medida de aforro e sensibilización
Os ríos falan por sí sos. A escaseza de precipitacións nos últimos meses fai que o caudal dos ríos sexa cada vez máis baixo e, en consecuencia, son xa varios os municipios da Costa da Morte os que comezan a tomar medidas. Por segunda vez no que vai de mes, o concello de Cee cortou puntualmente o servizo de traída de augas nalgunha das súas parroquias.
Tamén comezan a tomar cartas no asunto os concellos de Carballo e o de Santa Comba que xa emitiron os seus propios comunicados recordando a importancia do consumo responsable da auga. "Nestes momentos o nivel de auga nas canles fluviais está en mínimos, e aínda que o Concello de Carballo empezou a aplicar hai xa tempo distintas medidas de aforro, como pechar as fontes ornamentais ou reducir os baldeos, no goberno municipal existe a lóxica preocupación pola evolución dos recursos hídricos. De feito, moitas fontes particulares xa están secas, e as traídas veciñais empezan a resentirse tamén. Por iso, desde o concello de Carballo faise un chamamento ao consumo responsable" sinalan dende o concello de Carballo.
Caudal do río Grande ao seu paso por Baio
Estado dos encoros
Ainda así e segundo os datos de Augas de Galicia a situación dos encoros entra dentro dos valores habituais para esta época do ano. No último boletín, do día 21 de agosto, o encoro da Fervenza ronda o 49% da súa capacidade con 48,45 hm3 de auga encorada. Pola súa banda, o de Santa Uxía ronda o 68% da súa capacidade con 12,32 hm3 de agua encorados.
Novas relacionadas
- 13-07-17: A escaseza de choivas baixa os niveis de auga no encoro da Fervenza
- 04-03-17: O Modesto Patrimonio: O 50 aniversario do Encoro da Fervenza
- 24-01-17: Sen rastro das casas sumerxidas polo embalse da Fervenza
- 11-12-15: A escaseza de choivas pon en alerta vermella o caudal do encoro da Fervenza
- Recunchos da Costa: O Encoro de Ponte Olveira
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
- Augas de Galicia