martes. 10.02.2026
El tiempo

1ª e 2 Div. FUTFEM: O Corme alonxa ao Dumbría

Dumbria-Corme no Conco-Foto-CF Dumbria Fem
Imaxe do Dumbría-Corme no Conco-Foto-CF Dumbria Fem
1ª e 2 Div. FUTFEM: O Corme alonxa ao Dumbría

Houbo, novamente, derbi na 2ª Div. Fem. Venceu o Corme no Conco, e as de Rubén Souto alonxan a 4 puntos de distancia ás de Santi Lira, na pelexa polos postos de promoción. As cormelás quedan a 6 puntos do Milagrosa, aínda coas opcións intactas. Con todo, Santi Lira valor a mocidade do equipo dumbriés, lamenta as baixas das máis veteranas e confía en que con este traballo o equipo poderá saír da mala serie de resultados, despois de 4 xornadas sen gañar.

Por arriba, o Muxía segue na súa pelexa polo título co Tordoia, e sacan xa 7 puntos de marxe para asegurar o ascenso directo. Aí está un forte Bergantiños B, que sufría para vencer a un gran Cee. Tampouco puido traer nada positivo da Coruña a Esteirana, que viaxou en cadro.

Ademais, na 1ª Div., por fin o Xallas, roumpeu unha serie de 8 derrotas seguidas e volveu á senda do triunfo. Fíxoo ademais ante o 5º clasificado, e suma 3 puntos vitais para deixar a zona de descenso a 4.

1ª Div. Fem., xornada 17

Xallas - At. San Pedro (3-2)

  • Xallas: Rosío, Landi, Graci, Ainhoa, Valeria, Sara, Noe Vimi, Barcia, Mery, Espasandín e Olalla. Tamén: Silvia, Soraya e Claudia Facal.
  • Goles: 1-0, m.3: Espasandín; 2-0, m.5: Graci; 2-1, m.22: Rocío; 2-2, m.50: Miranda; 3-2, m.92: Claudia Facal.

Volvéronse ver os raios de sol sobre Fontenla, fisica e virtualmente. Saían como motos as xogadoras de Eloy conscientes do que se xogaba o equipo, ante un rival dos de arriba, ademais. Así saíron cunha presión tal que no mimuto 4 Espasandin abría a lata logo de irse de 3 rivais. Sin tempo para repoñerse as rivais chegaría o segundo logo dunha boa presión de toda a zaga ofensiva no minuto 5, na que Barcia lle deixa un balón a Graciela que manda ao fondo da red. Foron uns primeiros 20 minutos de asedio e a piques estivo de entrar o terceiro nun lanzamento lonxano de Espasandin que dá no travesaño.

Pero no minuto 22 conseguen marcar e envocar o ritmo do partido, tendo varias ocasións para o empate.

Comezaba a segunda metade coas visitantes moi enriba, buscando un empate chegaría no minuto 50 de falta. Cando parecía que volvían as pantasmas das xornadas pasadas, o partido ía sucedéndose sen demasiado perigo nas dúas áreas. Fundamental foi a volta de Claudia Facal aos terreos de xogo para axudar ao equipo. Nuns últimos minutos de infarto, con Oli e Graciela foron sustiuidas polo gran esforzo, Soraya e Facal deron aire fresco e case que na última xogada, Soraya logrou controlar e filtrar un bo pase a Espasandín que case na liña de fondo lla coloca no segundo pao para que Facal marque o gol da vitoria para darlle 3 puntos fundamentais ás xalleiras.

Xallas recuperou a senda da vitoria

2ª Div. Fem., Gr.1, xornada 19

Dumbría - Corme (0-4)

11 do CF DUmbria ante o Corme
As xogadoras do Dumbría con Lau
  • Dumbría: Liss, Yaiza, Carla Recarey, Sabela, Yolanda, Elba, Carla Lago, Alba, Yoli, Paula Fandiño, Cundíns. Tamén: Ana, Mariña, Alicia e Lara.
  • Corme: Lucía, Candela, Saskia, Laura Vidal, Aroa, Candela, Cladia, Ana, Olalla, Cris, Carla. Tamén: Lucía Rod., Zeltia.
  • Goles: 0-1, m.22: Carla; 0-2, m.39: Carla; 0-3, m.53: Claudia; 0-3, m.75: Aroa.
Dumbria-Corme no Conco-Foto-CF Dumbria Fem 3
Foto-CF Dumbría

Bo derbi o vivido no Conco con dous moi bos equipo. Comezaba o choque moi igualado, cun Dumbría (un equipo moi novo, que está tendo importantes baixas) ben plantado, con criterio cando tiña balón e defendéndose ben ante un sempre perigoso Corme. Foi clave o primeiro tanto de Carla, nunha falta evitable na frontal, cando o partido estaba iguladísimo. O tanto permitou soltarse algo máis ás de Rubén Souto, pero as locaisnon se descompoñían, tendo mesmo algún achegamento á área de Lucía. Porén foi Carla, de novo, a que demostrou a súa calidade para ampliar a vantaxe. Puido recortar o equipo de Santi Lira antes do descanso.

Na segunda, saíron fortes as locais, pero este Corme é un equipo moi firme, cun gran nivel defensivo baseado na orde e nunha alta intesidade. Intentouno o Dumbría, que disputaba os primeiros minutos da segunda en campo contrario, pero un roubo na saída de balón permimitiulle a Claudia matar o partido.

Dumbria-Corme no Conco-Foto-CF Dumbria Fem 2
Foto-CF Dumbría

Muxía - Unión Campestre (3-1)

Muxia e Union Campestre coa AECC-Foto-Marina Busto
Muxía e Unión Campestre coa AECC-Foto-Marina Busto
  • Muxía: Sheila, Ana Toba, María Rod., Andrea Piroja, Nerea Pazos, Raquel, Laura Doce, Patri Romaní, Nerea Barrientos, Eva Lema e Barca. Tamén: Paula Rey, Elsy e Irene Alcaina.
  • Goles: 0-1, m.9: Lara Naya; 1-1, m.31: Eva Lema; 2-1, m.52: Eva Lema; 3-1, m.71: Raquel.
Sheila no Muxía-Union Campestre-Foto-Marina Busto
Sheila no Muxía-Unión Campestre-Foto-Marina Busto

Non foi o mellor partido das Corviñas, que saían frouxas e pronto o Unión aproveitaba a súa primeira ocasión para abrir o marcador, nun balón longo ás costas da defensa. Pero o gol serviu para espabilar, e as de Noe Iglesias comezaron a darlle máis ritmo ao xogo e subindo a intensidade e a presión, froito desa boa presión chega o primeiro de Lema que rouba un balón nun saque de porta e fabrícase ela soa o empate. A partir dese gol chegan varias ocasións para as locais pero sen acerto.

Muxía-Union Campestre-Foto-Marina Busto 3
Nerea Barrientos no Muxía-Unión. Foto-Marina Busto

Foi ao comezo da segunda, xa moi firmes e intensas, levando o control e gañando os duelos, cando Lema metía por diante ás vermellas, e Raquel pecharía o partido cun bo gol de cabeza, puidendo ter ampliado o resultado.

Eva Lema no Muxía-Union Campestre-Foto-Marina Busto
Eva Lema no Muxía-Unión Campestre-Foto-Marina Busto

Orillamar - Esteirana (3-2)

Esteirana con Maruxa
A Esteirana con Maruxa
  • Esteirana: Alicia Vega, Tobío, Nerea, Marta, Lara, Lidia, Sara Brión, Leti, Marta Piñeiro, Melania, Bárbara e Rut.
  • Goles: 1-0, m.12: Salma; 1-1, m.20: Rut; 1-2, m.24: Leti; 2-2, m.25: Ana Roade; 3-2, m.60: Ánxela Estalote.

Con 11 xustas (con Rut e Terre mancadas; con Lidia perdendo xornada de traballo unha vez máis; con Alicia poñendo as luvas; e con especial mención a Leti, esa líder do proxecto que descolgou as botas para non deixar ó equipo presentar só 10 xogadoras) chegaban as de Fran Figueroa á Torre para enfrontarse a un equipo da zona baixa.

E non estivero cómodas en ningún momento as blaugranas, nin con balón nin á hora de presionar a un rival que estivo mellor que nos duelos e no acerto de cara a porta. As esteirás pelexaron ata o final, pero un tanto da mazaricá Ánxela Estalote decantou o choque para as herculinas. As costeiras volveron fallar un penalti e varias ocasións, e non puideron completar a dedicatoria para Maruxa, que ven de confirmar a rotura de cruzado e meñiscos que a terá apartada do campo un bo tempo.

Bergantiños B- Cee (2-1)

  • Cee: Valeria, Lurs, Cris, Ramos, Aroa, Laura, Caamaño, Saray Duarte, Nayara Casais, Sharay Caamaño e Martínez. Tamén: Noemi, Paula Veiga, Sabela e Gala.
  • Goles: 0-1, m.27: Martínez; 1-1, m.71: Carmen Tuset; 2-1, m.73: Sadirah.

Comezaron moi ben as de Rafa, mantendo o balón no seu campo e sen perigo, pero nunha internada das carballesas ao cuarto de hora, cometen penalti as ceenses, pero Valeria salva a contenda. Non baixaron o ritmo as costeiras e nun balón ao espazo marca Martínez soa contra a porteira rival.

Cambiaron as tornas na segunda, cun filial dirixido por Marcos Núñez, que avisaban con varios achegamentos, como o tiro da ex ceense, Lucía Canosa, ao que responde moi ben Valeria. Pero chegaron dous minutos fatídicos, cun tiro dende fóra da área de Carmen e o segundo. Quedaban 20 minutos e as ceenses foron a por todas, envorcando o campo e intentando remontar pero ao final o resultado non se movería.

Crónicas da #LigadaCostaFEM

Crónicas da 1ª e 2ª Div.

Máis info

Comentarios