luns. 02.02.2026
El tiempo

2ª FUTGAL: O SanLo estira unha táboa que se comprime por abaixo

11 do lider da Liga da Costa o SAn Lorenzo-FotoLuis Gonzalez
11 do líder da Liga da Costa, o San Lorenzo, este domingo nas Pedreiras- Foto: Luís González
2ª FUTGAL: O SanLo estira unha táboa que se comprime por abaixo

Nova vitoria do San Lorenzo nas Pedreiras que lle permite estirar un pouco a parte alta da táboa. Os carballeses aproveitaron a derrota do Malpica en Camariñas ante o Porteño, ao que deixan a 7 puntos, co Xallas polo medio, que non fallou ante a visita do Muros.

Queda aí un segundo vagón completísimo, con 6 equipos en apenas 6 puntos, trala vitoria do Baio ao Corcubión, a derrota do Cabana en Louro (nun duelo que rompeu dúas dinámicas completamente distintas e que volve dar conta da igualdade da Liga da Costa), e o empate entre Outes e Ponteceso.

Mesmo Soneira, Corucbión e Corme, con 22, están nunha situación que con dúas vitorias se poden meter na loita pola promoción, e con dúas derrotas meterse na lea por evitar o descenso.

Na zona de abaixo ábrese un corte importante. Coas vitorias do Mazaricos (ao Zas, nun choque clave marcado por unha acción grave) e do Monte Louro e coa vitoria do Soneira ao Sofán B, e quedan 5 equipos (ademais do filial carballés, Muros, Monte Louro, Mazaricos e Zas) metidos nun pano de 2 puntos.

Mazaricos - Zas (2-1)

  • Mazarcos: Ánge, Luís Mayán, Borja, Chumiko, Fran Landeira, Raúl, Marcos, Álvaro, Marito, Kevin e Molinos. Tamén: Steven, David, Yeray, Yago Dosil e Sergio.
  • Zas: Guille, Anxo, Moha, Adri Rama, Fran, Álvaro Fari, Redondo, Iago, Juan Touriñán, Ronny e Salah. Tamén: Pereiras, Joel, Iván, Adrián, e Martín Novo.
  • Goles: 1-0, m.10: Kevin; 2-0, m.55: Kevin; 2-1, m.70: Adri Rama.

Partido de urxencias na zona baixa, igualado, duro, intenso, nun céspede en bo estado a pesar cas chuvias, que comezaba cun Mazaricos máis metido na primeira metade, apoiado nun Kevin extraordinario aproveitando os espazos ás costas da defensa zaseira. O partido quedou condicionado coa expulsión de Salah nos compases finais da primeira metade, nunha agresión imperdoable sen balón de por medio e co rival tirado no chan. O club zaseiro xa pediu desculpas ao cadro mazaricán.

O partido quedaba frío, pero trala reanudación, nos primeiros dez minutos, Kevin ampliou a vantaxe do Mazaricos cun golpeo lateral que significou o 2-0 e obrigou ao Zas a mover ficha. Coas substitucións, o equipo visitante tentou manterse vivo no partido malia a inferioridade numérica e atopou premio nunha acción a balón parado: Adrián Rama recortou diferenzas cunha falta directa que puxo o 2-1 e devolveu esperanza ao Zas.

Tivo que sufrir o equipo amarelo, ante o empuxe dos visitantes, que máis con corazón que con claridade, buscaron sacar algún punto dun campo sempre esixente. O Mazaricos, pola súa banda, pechou filas con oficio e soubo xestionar os minutos finais para impedir que chegase o empate.

Xallas - Muros (5-1)

  • Xallas: Iván Couto, Elvis, García, Macareno, Yago Facal, Dani Barbeira, Pablo Landeira, Doro, Rubén Blanco, Bryan e Sergio Barbeira. Tamén: Iker, Martín, Alberto, Cristóbal e Adrián Couto.
  • Muros: Aitor, Javi, Jesús, Ra, Tajes, Alon, Quin, Fran, Juan oVello, Xavi, Dani Jurjo. Tamén: David Lestón, Vara, Iván, Ángel e Óscar.
  • Goles: 1-0, m.37: Pablo Landeira; 1-1, m.49: Dani Jurjo; 2-1, m.51: Alberto; 3-1, m.60: Alberto; 4-1, m.76: Alberto; 5-1, m.78: Pablo Landeira.

Bo partido do Xallas que recuperou a boa imaxe lembrando a crúa derrota sufrida na primeira volta no Eleuterio. Saían os de Doriño levando a iniciativa, con posicionamento avanzado, roubando pronto e facendo dano por banda, sobre todo, por medio de Rubén Blanco que tivo que se substituido tras unha dura entrada. Non chegaban ¡claras ocasións ata que nunha entrada de segunda liña Landeira estreábase como goleador tras un rebumbio na área,

Comezaba a segunda e de inmediato Dani Jurjo empataba. Pero o equipo xalleiro reaccionou moi pronto, da man do xuvenil Alberto, que mesmo dende a banda, cambiou o rumbo do partido con 3 goles, e puideron ser 4. Non deron reaccionado o cadro de Joaquín Quintáns, que ao contrario, realizaron un par de regalos para a goleada.

Monte Louro - Cabana (2-1)

  • Monte Louro: Pedro, Héctor, Rodri, Chano, David Pais, Adrián, Abel, Xián, Luismi, Iker e Javi. Tamén: Manolo Chouza, Xaco, Flavio, Manu de Yi e Martín.
  • Cabana: Diego, Noé Souto, Álex Costa, Noé Eiroa, Ferreiro, Fernando, Migueliño, Blas, Simón, Diego Castro e Brais. Tamén: Manu Nantón, Aarón, Julián, Mario e Pablo Pose.
  • Goles: 1-0, m.25: Xián; 1-1, m.38: Migueliño; 2-1, m.92: Javi.

Fermoso partido, moi disputado, moi vivido, con moitas ocasións, cun Cabana que viña coa frecha para arriba, pero se atopou cun grandísimo Monte Louro, que pelexou ata o final, e tivo a sorte final, que noutras ocasións lle viu en contra, de cara. Comezaba o choque con moitas ocasiósn convertindo aos porteiros nosgrandes protagonistas, cun Pedro e un Diego Suárez salvando boas ocasións.

Adiantouse o Louro nun balón que caeu pola área. Os cabaneses avisaban cun gol anulado a Simón e varios fóras de xogo sinalados ao límite, pero antes do descanso, unha contra de libro tras un roubo dos cabaneses acababa co empate convertido por Migueliño.

O cadro de Bibi saíu forte na segunda e Javi obrigou a Diego a aparecer de novo. Tras varias ocasións por cada lado, xa no desconto, cando os dous equipos daban por bo o empate, aparecía de novo Javi, o home do partido, para marcar un fermoso gol den vaselina.

Mágoa que contra o final house un par de expusións, unha por bando, e que tamén o colexiado tivese que parar o partido nun par de ocasións afección.

Porteño - Malpica (1-0)

11 do CF Porteño en Camariñas. Foto-Parker
11 do CF Porteño en Camariñas. Foto-Parker
  • Porteño: Mariolo, Rodri, Brais Mouzo, Iván, Álvaro, Baba, Darío, Sandelo, Bruno, Alfredo e Martín. Tamén: Brais Nión, Pejo, Yuyo, Gabri e Carrabete.
11 do SCD Malpica ante o Porteno-Foto-Parker
11 do SCD Malpica-Foto-Parker
  • Malpica: Suso, Saúl, Pablo, Damián, Garci, Cristian Villar, Cristian Fdez., Fran, Luís, Aday e Chicha. Tamén: Joel, Fabián, e Laik.
  • Gol: 1-0, m.51: Sandelo pola escuadra.
Aday e Mariolo co arbitro David Castro Varela
Aday e Mariolo co árbitro David Castro Varela

Partidazo no Vicente Carril, no que o Malpica perdeu a súa condición de segundo clasificado ante un Porteño chamado a cotas maiores. Foi un choque moi igualado, ao que os malpicáns chegaban coas baixas importantes de xogadores como Anxo, Mario, Saydou e Alberto por lesion e Triple por sación. Así e todo formulouse un choque igualado, cos de Mayor intentando levar o peso do partido e facendo unha boa presión arriba. Bruno avisaba nun man a man que salvaba o veterano Suso, refichado no Nadal. Os de David Baña, de menos a máis, tamén terían unha ocasión Fran que non definia ben

Alporizouse algo o partido na segunda cun auténtico golazo de Sandelo pola escuadra no que nada puido facer Suso. Os locais gañaban os duelos, e parecían estar moito mellor, sobre todo despois da expulsión de Damián cando os visitantes pedían tamén expulsión ao xogador local que tamén protagonizou a lea.

Pero con todo, a nova fichaxe do Malpica, Fabián, entrou no campo e o equipo creu, e iso que a lesión de Aday, que non pinta nada ben (os malpicáns volven lembrar o mal estado de Pedra Queimada, que provoca un desgaste continuo nas pernas dos futbolistas), obrigaba ao meta suplente, Pepucho, a entrar no campo. Aínda tivo algunha o cadro malpicán, sobre todo unhade Cristian que tivo que sacar Álvaro baixo paus, pero o Porteño soubo manexar os tempos e aguantar os 3 puntos.

San Lorenzo - Corme (2-0)

  • San Lorenzo: Javi Souto, Dani Cotelo, Lozano, Alberto Campos, Pablo Garrido, Diego Varela, Pape, Javi Pérez, Álex Vázquez, Alex Taibo e Iago López. Tamén: Mario, Damián, Pensado, Alex Iglesias e Hugo Rey.
  • Corme: Adrián Suárez, Eloy Villar, Álvaro, Aitor, Brais Pailos, Joshua, Yago, Borja Torrado, Lucas, Isra e Samu Costa. Tamén: Quique, Hugo Paredes, Senén e Iván.
  • Goles: 1-0, m.55: en propia; 2-0, m.64: Javi Pérez.
San Lorenzo e Corme saltando ao campo de Verdillo.Foto-Luis Gonzalez
San Lorenzo e Corme saltando ao campo de Verdillo. Foto-Luís González

O San Lorenzo sumou unha nova vitoria ante o Corme nun partido no que levou a iniciativa de principio a fin. Foi un choque con pouco fútbol, nun céspede das Pedreiras moi castigado, no que os dous equipos tiveron que abusar do balón longo. Na primeira metade, o SanLo propuxo máis pero non tivo grandes ocasións.

Na segunda parte, o guión foi moi similar, co cadro de Iván Rojo dominando e buscando o gol con insistencia. Tivo unha transición rápida o cadro de Ántel para poñerse por diante, pero o disparo de Lucas saíu alto. E 5 minutos despois, chegou un gol en propia porta que abriu o marcador. Pouco despois, no minuto 64, Javi Pérez sentenciou o encontro tras un bo man a man, facendo o 2-0 definitivo. A partir de aí, o SanLo controlou o partido sen pasar demasiados apuros e asegurou tres puntos máis.

Outes - Ponteceso (2-2)

  • Outes: Dani, Claudino, Sanchiño, Marcos Orodea, Adrián Caamaño, Xavi Romarís, Eloy Lado, Martín Caamaño, Alberto Bahamonde, Hugo e Keko. Tamén: Stefan, Paullo, Adrián Rey e Alex Rama.
  • Ponteceso: Damián, Juanjo, Pedro, Moscoso, Luca, Ismail, Javi Souto, Alberto Recarey, Iván Rod. Neira e Mendieta. Tamén: Darío, Adrián Ures, Rama, Dani Rod. e Adrián Pose.
  • Goles: 0-1, m.6: Alberto Recarey de penalti; 0-2, m.10: Neira; 1-2, m.12: Alberto Bahamonde; 2-2, m.54: Martín Caamaño.

Partido moi parello entre o Outes e o Ponteceso nun combativo partido disputado no Cunchido. Comezaba moi forte e intenso o Ponteceso, atacando polas bandas e aproveitando a saída dubitativa dos de Geno. De feito, o primeiro gol vería dunha presión na que ao porteiro se lle escapa o control que lle chega a Mendieta que, ante a saída do gardameta intentando remendar o seu erro, sería derribado e cobrado o penalti transformado impecablemente por Recarey. O Outes atacaba aproveitando o desequilibrio dos seus extremos, pero sería o Ponteceso o que golpearía novamente co tanto de Neira, que recibe un balón en longo de Mendieta e queda man a man co porteiro a media saída, apártalle o balón e mete coa portería baleira. Aínda tería outra clara o ariete pontecesán, pero pecou de impetuosidade e marchouse rozando o pau. Reaccionaría o Outes nunha sucesión de córners na que Alberto ramachar un rebote no borde da área para deixalo partido aberto para a segunda metade.

Na segunda saían ambos equipos moi combativos, xogando todo directo nun campo moi rápido pola chuvia, ambos equipos disputaban cada esférico e as ocasións caían de ambos lados, a punto estivo de quedar novamente Neira nunha contra sólo, pero o balón de Mendieta foise largo por centímetros. Apretou os dentes o Outes e logrou o empate o equipo da serra nun chute ao primeiro toque de Martín nun rexeite dende fóra da área; unha ducha de auga fría para os visitantes debido a aparatosidade previa da xogada.

No tramo final, o partido ralentizouse e volviuse moito máis bronco debido a intensidade e a tensión en aumento: tivo unha clarísima o Outes que saca Luca baixo paus e outra que golpeou a un xogador do Outes en fóra de xogo, mentres que o Ponteceso tamén tivo as súas, aínda que sen menor perigo.

O partido morreu cun empate que puido decantárse para calquera de ambos lados, o que fala ben do equánime nivel que está mostrando a mellor liga do mundo. O Outes recibirá ao Porteño mentres que o Ponteceso seguirá a súa “xira" no novo Cubaleiro, o seu terceiro partido seguido fóra da súa casa.

Baio - Corcubión (2-0)

11 do CD Baio ante o Corcubion
11 do CD Baio ante o Corcubión. Foto: CD
  • Baio: Rodri, Bruno, Norberto, Miguel Vidal, Mamadou, Víctor, Carreira, Manu Vila, Alex Muíño, Chechi e Cheti. Tamén: Julián, Pablo Rod., Josiño, Damián e Fernando.
  • Corcubión: Bruno, Fuentes, Castreje, Jon, Antón, Alex Díaz, Luís Lojo, Mario, Iago Lema, Rama e César Lojo. Tamén: Castro, Iker, Martín, Borja Bouzón e Nico.
  • Goles: 1-0, m.17: Mamadou; 2-0, m.20: en propia.

Volvía gañar o Baio tras 5 xornadas sen facelo, despois dunha semana de cambio de actitude. O equipo saíu moi enchufado, con boas internadas con Mamadou e Víctor (que voltaba) por bandas e Cheti ben arriba, buscando ás costas da defensa dun Corcubión que non fixo unha boa primeira metade, concedendo un penalti (a Vila) e un gol en propia tras unha boa internada de Cheti que bota o pase atrás.

O Corcubión foise metendo algo máis arriba, e nos últimos 10 minutos apretaron con varias ocasións de César e Mario, que se atoparon cun gran Rodri.

Apretaron máis os de Ángel Ventanas e Isi na segunda, mandando balóns arriba, e tendo algunha ocasión como unha de Luís que mandou un balón ao longueiro, ou varias de Iago e César. Pero a defensa dos de Lobelos estivo moi ben, e iso que quedaron con 10 pola expulsión de Fernando, e puideron tamén ter sentenciado con varias contras de Alex e Josiño.

Soneira - Sofán B (4-1)

  • Soneira: Dono, Nico, Gusa, Sergio, Mario, Brais Pereira, Adrián Canosa, Oreiro, Pichi, Cachi e Vía. Tamén: Brais Lema, Cristian Lourido, Xavi, Jose Antonio e Jesús.
  • Sofán B: Eloy, Asier, Samu, Marcial, Diego, Iván, Dani Calvete, Mateo, Borja Viaño, Isma Ramos e Dani. Tamén: Diego Rama, Christian, Adrián Vázquez e Nacho Eirís.
  • Goles: 1-0, m.6: Adrián Canosa nunha xogada a balón parado; 2-0, m.17: Mario Leis tras un roubo; 3-0, m.30: Brais Pereira dende lonxe; 4-0, m.39: Vía tras unha indecisión do rival; 4-1, m.48: Marcial.

Vitoria do Soneira ante un Sofán B que cometeu varios erros claves “de prebenxamíns”, como lamenta o adestrador Zalo. Os soneiráns a pesar das baixas, comezaron esperando pero apretando na zona de creación rival, e aproveitou os regalos visitantes para ir metendo vantaxe. O primeiro de Canosa nunha xogada a balón parado, o segundo de Mario nunha tras un roubo, e o terceiro, despois de dous balóns ao pau, de Brais de potente golpeo desde longa distancia. Aínda Vía pechou a primeira metade co cuarto tras un roubo nunha indecisión do rival.

Mellorou o filial na segunda, ante un Soneira máis relaxado. Marcial recurtou e os carballeses tiveron varias ocasións nos pés do propio Marcial, que mandou o pau, ademais de Dani Calvete ou Isma, pero o marcador non se movería.

Todas as crónicas da 2ª FUTGAL

Máis información

Comentarios