LigadaCostaFEM: O Soneira acouga ao Outes
O partido da semana xogábase no Irmandiño. O Outes chegaba ao campo vimiancés coa intención de meterse de cheo na pelexa polo ascenso directo, pero de poder colocarse a 3 puntos, queda a 9 puntos do Soneira. As vimiancesas seguen no alto da táboa man a man co EF Juan Cabrejo, que volvía gañar, pola mínima, en Fontenla. Ambos equipos afianzn a súa condición de favoritos para o ascenso directo, sacando xa os dous equipos, 7 puntos a un Cabana, 3º, que venceu en Muros.
Polo demais, primeiro punto da Baña e vitoria do Corcubión en Zas, meténdose na loita polo posto de promoción.
3ª Div. FEM., grupo 3, xornada 12
Zas - Corcubión (1-3)
- Zas: Noe, Tania, Antía, Jimena, Carlota, Ruth, Laura, Sara, Nuria, Nerea e Andrea. Tamén: Atenea, Alba, Valeria e Lara.
- Corcubión: Juliette, Alexandra Lojo, Carla, Cris, Sandra García, Andrea Rod., Lucía Garea, María, Sandra López, Jimena e María Castro. Tamén: Tati e Lara.
- Goles: 1-0, m.40: Andrea; 1-1, m.46: María; 1-2, m.53: Alexandra Lojo; 1-3, m.67: Sandra López.
Con moitas baixas (incluídas as dúas porteiras, que obrigou a Juliette a emular á súa nai e poñer as luvas) chegaba o Corcubión a San Andrés, e vía como as zaseiras dominaban a primeira metade, tendo varias ocasións e adiantándose nun córner.
As de Rubén Castillo reaccionaron na segunda, e xa saíron con outra marcha, empatando moi cedo. Pouco a pouco a presión das blaugrana ía medrando e Alexandra Lojo e Sandr López fixeron os goles da vitoria, obrigando ademais a Noe a facer varias paradas de mérito.
As Miúdas - Cabana (0-2)
- As Miúdas: Zaira, Atenea, Leire, Nicole, Adriana Piñeiro, Salomé, Sabela, María González, María García e Sofía. Tamén: Carlota, Alba, Lucía e Lola.
- Cabana: Miriam, Idania, Iria, Aroa, Begoña (Valeria), Inma, Mireia (Sabela), Laura (Alejandra), Silvia, Adriana (Marta), María Souto (Nerea).
- Goles: 0-1, m.47: Silvia; 0-2, m.60: Aroa nun córner.
Custoulle ao cadro muradán sobrepoñerse á baixa da meta Siaba, e se viu lixeiramente superado por un Cabana, que se facer o seu mellor partido, tivo mellores ocasións e estivo máis acertado. Non foi ata a segunda, cando, moi pronto, Silvia rompía a igualada. Intentábano as de Mané Senande, pero as cabanesas de José Manuel non cedían, e non tardou en facer o segundo nun córner. Tivo que aparecer Miriam a un tiro dende fóra da área das locais para non permitirlles meterse de cheo no partido.
Xallas B - EFJC Camariñas (0-1)
- Xallas B: Peta Gasco, Alba, Carmen Pena, Judit, Dani Berdullas, Laura, Carmen Pombo, Mar, Lucía, Saray, Cali. Tamén: Yaiza, Naiara, Sara, Patricia Muíño e Noa.
- Camariñas: Desiré, Uxía, Rosana, María, Saray, Aitana, Laura Pose, Yara, Maira (Lola), Laura Paredes (Daniela) e Paula Mouzo (Brenda).
- Gol: 0-1, m.26: Paula Mouzo.
Tocoulle sufrir ás de Juan Cabrejo ante un filial de Noe Vimi que vai notando moito a melloría. Saíron apretando arriba as xalleiras, e tiveron unha gran ocasión nun pase filtrado de Cali a Carmen que remanta batindo a porteira pero salva María na liña de gol. As camariñás dominaban o balón e tras dúas ocasións de Yara e Laura Paredes, que salvou ben a meta Peta (Valeria Gasco), a que conseguiría anotar sería Paula Mouzo cun gran tiro desde fóra. Valen ouro os goles das Mouzo.
A segunda foi máis sosa, sen apenas chegadas de gol en ningunha das áreas, pero co resultado aberto ata o final.
A Baña - Ponteceso (1-1)

- Ponteceso: María lema, Lara, Sabela, Laura Rod., Lorena, Iria, LuciVili, Eva Carril, Lucía Pena, Clara e Virgi. Tamén: Nerea, Tati.
- Goles: 1-0, m.10: Natalia Llacer; 1-1, m.48: Eva Carril de penalti.
Con moitas baixas volvían desprazarse as de Alex Chouciño e Pablo Nogueira, ante un cadro da Baña que non puntuara ata onte. Foi un choque moi igualado, que comezaba cunha boa ocasión de Lorena, e outra de LuciVili pouco despois que tirou fóra. Pero pronto deron conta da súa melloría as locais cun fermoso tanto de Natalia Llacer. Aí tiveron bos minutos as de Leti Fernández, que tiveron o control case que ata o descanso.
Saíron mellor as pondalianas na segunda e moi pronto, Eva Carril marcab de penalti. Asumiou o dominio o cadro costeiro, con algún córner e unha gran ocasión de LuciVili, que nunha internada dende o medio campo quedou sóa coa porteira local e mandou fóra. Aínda no último minuto puido marcar Sabela o gol da vitoria cun cabezazo que salvou unha defensa baixo paus.
Soneira - Outes (5-2)

- Soneira: Karen, Laura, Cris, Luana, Cadnela, Sar Agra, Ana Mouzo, Leila, Tamara, Kelly e Kenny, Tamén: Dolores, Daniela, Marcela, Uxía e Sara Pasantes.

- Outes: Marta, Fátima, Natalia, Alicia, Uxía, Carmen, Carla, Miriam, Iria, Nati, Laura Lires. Tamén: Claudia Carou, Candela e Sofía.
- Goles: 0-1, m.27: Laura Lires; 1-1, m.28: Kelly; 2-1, m.37: Kenny a pase de Kelly; 3-1, m.41: Kenny dende fóra da área; 4-1, m.52: Candela a pase de Ana; 5-1, m.66: Kenny; 5-2, m.69: Laura Lires.
O partido da xornada podía igualar a parte alta ou abrir unha fenda. E o Sonwira foi máis rocoso, e firme e abriu fenda ante un Outes que chegaba con moitas baixas. O partido comezaba igualado, cun equipo de Dani Salgueiro moi ben prantado e intenso. Avisaban as de Roland cun tiro ao pau de Kenny, pero era Laura Lires a que rompía a igualada. Pero na seguinte xogada, Kelly aproveitaría un erro defensivo visitante para poñer o empate, nunha xogada na que ademais as da Serra perdían a Marta por lesión. Dende aí ata ao descanso o Soneira impuxo o seu ritmo e aparecía a calidade Kenny para ampliar a renda.
O gol de Candela nada máis saír dos vestiarios matou o partido, e 10 minutos despois Kenny faría o seu terceiro personal. Recurtarían elas poucos minutos despois de falta directa.
Cerqueda - Dubra (2-0)
- Cerqueda: Inés, Aroa, Mariña, Uxía, Sara, Kayla, Valeria, Lorena, Tati, Antía e Tania. Tamén: Alexia, Leire e Alba.
- Goles: 1-0, m.32: Valeria Soage; 2-0, m.73: Valeria Soage.
Con apenas 15 anos, Valeria Soage foi protagonista da vitoria do Cerqueda anitando os dous goles.
Crónicas da #LigadaCostaFEM
- X.12: O Ponteceso baixa ao Outes do primeiro vagón.
- X.11: O Outes alonxou ao Cabana da pelexa polo liderato.
- X.10: O Soneira pon a cousa quente.
- X.9: Juan Cabrejo, Soneira e Cabana pechan o ano en plena loita polo liderato.
- X.8: O Outes frea ao EFJC Camariñas e o Cabana cólase líder.
- X.7: O Soneira frea ao Juan Cabrejo.
- X.6: O Juan Cabrejo non perdoa.
- X.5: O Camariñas non cede nin co Cabana.
- X.4: 4 equipos seguen invictos.
- X.3: Xornada a medias moi igualada.
- X.2: Corcubión e Camariñas, un paso por diante.
- X.1: Comezou a rodar o balón.
Crónicas da 1ª e 2ª Div.
- x.17: Cee e Dumbría pecharon unha igualada primeira volta.
- X.16: O Muxía golea a un Cee cargado de baixas.
- X.15: Corme e Esteirana protagonizan o partido da xornada.
- X.14: Remata o ano con bo sabor.
- X.13: Repaso a unha xornada a medias.
- X.12: O Muxía recórtalle ao Tordoia a conta do Bergan B.
- X.11: Un pouco de todo para seguir na loita por todo.
- X.10: Escapa o Tordoia mentres o Corme supera ao Cee e alcanza ao Muxía.
- X.9: O Tordoia frea ao Muxía nunha semana con vitorias para Cee, Corme e Esteirana.
- X.8: Muxía e Dumbría demostran o potencia do Fútbol da Costa.
- X.7: Cee, Dumbría e Corme pegan un salto.
- X.5: No pelotón.
- X.4: Muxía e Tordoia presentan candidaturas<7a>.
- X.3: O Muxía mete medo.
- X.2: O Corme superou ao Dumbría nun partido máis igualado do que sinala o marcador.
- X.1: 1ª e 2ª FUTFEM: O Muxía presenta credenciais.

