A Festa do Bosque de Carballo trasládase ao 1º domingo de xullo

08:09 12/05/16

Segundo indican dende a organización, "o caso de Carballo non é único, xa que tamén barallan cambios de data noutras localidades que celebran as súas festas a finais de xuño·. A convocatoria das Eleccións Xerais, de feito, está a provocar suspensións e aprazamentos en todo o territorio estatal. Así, por exemplo, os Campionatos de España de Ciclismo, previstos para o 26 de xuño en Alicante, adiantaranse para evitar a coincidencia cos comicios.
O aprazamento da Festa do Bosque non significará, no entanto, que non haxa actividades o domingo 26. Todo o contrario. A animación propia do San Xoán manterase durante toda a xornada, que ademais coincide coa feira, e intensificarase pola noite, tras o peche dos colexios electorais, coa verbena e a sesión de fogos artificiais.
Novas relacionadas
- Un cartel asturiano-alicantino para o San Xoán carballés
- O #SanXoán de Carballo busca cartel
- O #SanXoán carballés colle forma para 2016
- Un San Xoán que é un privilexio.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- Carballo