mércores. 30.04.2025
El tiempo

A imaxinación puido co frío e a choiva no Entroido carballés

A imaxinación puido co frío e a choiva no Entroido carballés
imaxinacion ao poder no Entroido de Carballo 2016 Imaxinacion ao poder no Entroido de Carballo 2016

Fantástica a participación e a imaxinación presente no concurso de Disfraces do Entroido de Carballo. Arredor de 600 persoas participaron, activamente, no Concurso, toda unha marca.

Foi o monologuista Oswaldo Digón o presentador do certame, e centos de persoas disfrutaron co seu humor e cos simpáticos disfraces que desfilaron pola rúa. Houbo de todo, dende espectaculares drag-queens ata moteiros para todos os gustos, peliqueiros, agricultores, Quijotescos, e mesmo ovos Kinder, como vedes na completa galería de Turismo Carballo.

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
  • Turismo Carballo.

Comentarios