![Asi avanza a maternidade que a ONG Egueire está erguendo en Costa de Marfil]()
Asi avanza a maternidade que a ONG Egueire está erguendo en Costa de Marfil
Cando colaboras con unha ONG internacional é difícil evitable preguntarse iso de “realmente chegarán os meus cartos a un destino real?”. Cando colaboras con entidades cercanas, internacionais pero ao mesmo tempo, pequenas, ese retorno é fácil comprobalo. Así o está comprobando o propio Desiré Kouakou Tanoh, o famoso párroco de Brens, Ameixenda e Buxantes, e presidente da ING Egueire.
Desiré estivo a última quincena de novembro na súa terra, en Costa de Marfil, comprobando como van os traballos de construción da maternidade que se está erguendo cos cartos aportados por centos de voluntarios a través desta ONG que tanta repercusión ten na nosa comarca. O Xefe do Pobo e todos os veciños recibiron a expedición con moita emoción.
O centro hospitalario segue medrando. A estrutura está case rematada pero aínda queda moito camiño por andar. Falta material e suministros, e tamén hai que pasar unha marea de trámites administrativos e burocráticos, polo que apuntan que podería estar en funcionamento dentro dun ano.
Xunto a el foron dúas representantes de Manos Unidas, interesadas nos proxectos nos que Egueire focaliza o seu esforzo: as axudas ás mulleres. Unhas axudas que ademais da maternidade chegan través de microcreditos e no orfanato local.
Cea Solidaria
Aínda estás a tempo de reservar praza na
cea solidaria que organiza Egueire o vindeiro 17 de decembro no Insua, en Cee. Saber xa sabes onde se vai investir a túa axuda.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com)