Martes. 19.03.2024
El tiempo
Costa da Morte

Os Reis Magos despediron o Nadal polas parroquias en clave de agro e de mar

Rematou o Nadal con esa máxica noite dos Reis Magos. Pero antes, non faltaron á cita coa tradicional Cabalgata, que percorreu rúas e parroquias de toda a comarca repartindo ilusión… e moitos caramelos de propaganda.

Nesta época de consumiso exacerbado, algúns chegaron con certo discurso, como os Reis de Mazaricos, que volveron chegar en tractor para reivindicar o rural. En vez de ouro, incenso e mirra, as Súas Maxestades ofreceron leite ao neno do Belén xigante de eucalipto.

Os Reis Magos tamén vincularon a zona, subindo a bordo do Salvamar Altair, antes de facer a súa ruta por todas as parroquias de Camariñas, rematando na Praza da Insuela, onde escoitaron as peticións dos peques.

Tamén fixeron o percorrido polas parroquias de Cee e Malpica as súas maxestades.

Os Reis Magos despediron o Nadal polas parroquias en clave de agro e de mar