“Antes os bichos raros eramos os que non tirábamos lixo ao mar. Agora os bichos raros son os que contaminan"

09:18 19/06/17


”Estamos mellorando, pero aínda queda moito por facer”
Foi precisamente Luís Rodríguez, o activo presidente da Asociación de Armadores de Artes Menores de Galicia, o que continuaba o discurso, nun ton esperanzador. Luís volveu aos tempos do Prestige para recoñecer que foron aqueles voluntarios os que nos sacaron as cores. Un feito que provocou que a entidade se puxese a organizar campañas de concienciación dende a base e aquelas campañas de "Limpando das nosas Rías" que tan ben funcionaron, tanto para limpar o medio de traballo, como para concienciar aos propios profesionais, que se decataban en primeira persoa de todo o lixo que eles mesmo producían Unhas limpezas paralizadas nos últimos anos polos atrancos da administración, que non permite mobilizar as embarcacións nas fins de semana. Dentro da súa intervención e acto seguido, Luis fíxo entrega ao resto dos intervintes da botella coa Mensaxe do mar. Agasallo-concienciador que ten levado incluso ao Parlamento Europeo. En todo caso, Luís sacou unha das frases do Encontro: “Antes eran eles os “bichos raros” que non botaban residuos ao mar. Agora os “bichos raros” son os que o contaminan”. Seguidamente tomou a palabra Lola Bermúdez, Patroa Maior da Confraría de Camariñas e unha histórica da loita pola defensa do sector. Falou da loxística a bordo e en terra para recoller os residuos, recoñecendo que agora hai infraestrutura e contedores para recoller todo o que faga falta. Lola recoñeceu que aquelas Limpezas das rías que se produxeron en Camariñas no 2007 foron moi importantes para despertar conciencias no sector, e recoñeceu que hai máis xente que fai as cousas ben, pero que “hai de todo”. Lola enfatizou, unha vez máis, na súa teima do necesario traballo de concienciación nas escolas, pero tamén houbo quen apuntou dende o público que “hai que concienciar tamén aos maiores”. Estrella Lema, presidenta da Agrupación de Mariscadoras de Camariñas, unha brava muller que tomou por bandeira a limpeza e conservación do seu ámbito de traballo, orgullosa de ter organizado xa a 3º limpeza consecutiva do banco marisqueiro da Basa. Unha profesional consciente de poñer en valor o produto do seu esforzo, de coidar o medio ambiente da ría e, incluso, referenciando os valores pasaxísticos e turísticos da zona.. Seguiu logo Julia Haz, da Agrupación de Mariscadoras do Anllóns, cunha posición moito máis naif da situación. Clarificou que, contrariamente ao que acontece en Camariñas, a contorna xeográfica do seu ámbito de traballo evita a chegada de refugallos plásticos de altamar e, polo que á súa actividade concierne, a contaminación polos plásticos non é problema na súa zona./p>Parada de lixo
Era a hora de Sven Schwesch, o histórico voluntario do Prestige, que nos puxo a traballar e a recoller en apenas un minuto todo o lixo plástico (recollido nas limpezas) que espallara pola sala. Así nos facía ver que nestas sesións de limpeza voluntaria, “con pouco esforzo consíguese moito”. Sven sinalou que un dos problemas é a falta de identificación co común, e considera necesario necesario comportamento cívico, sendo el para a nosa bisbarra dende hai tempo un referente ético a contrapoñer a esta sociedade de consumo. Colleu a palabra logo Adriana García Rellán, bióloga da Confraría de Laxe. Describeu o procedemento loxístico no seu porto para o tratamento dos residuos de a bordo e fixo un apunte no tempo de cando, embarcada como bióloga observadora nos buques pesqueiros de Terranova, tiña que facer esforzos hercúleos para evitar que as tripulacións botaron os plásticos ao mar, incluso, acumulando os refugallos no seu camarote, incrible! García Rellán fixo tamén fincapé en que “hai que de todo”, xente que fai ben as cousas, pero outra que non tanto. Por último, Mari Carmen Suárez, percebeira e presidenta da Confraría de Corme deixou oir a súa voz recoñecendo, dunha maneira clara, que no seu sector contamínase o mar, bótanse plásticos e de todo o mar e que hai moito que facer e concienciar para cambiar costumes moi asentados. Unha importante cita que nos marca un camiño a seguir.Novas relacionadas
- 2017: Mar de Fábula e a FEP únense no II Encontro do Lixo Mariño.
- 2016: I Encontro do lixo mariño: Galicia recibe as crebas da Costa da Morte.
Artigos de Xosé Manuel Barros
- Indo á raíz dos problemas.
- Escala de cruceiros no porto de Brens. Que facer?.
- Porque fumos limpar a Punta Caghada.
- Evaristo e o Corredor de Fisterra.
- Unha verdade incómoda.
Novas relacionadas
- Limpando o imán dos plásticos.
- O lixo mariño desaparece da zona marisqueira da Basa.
- Mar de Fábula e os mariñeiros únense para limpar un coído en Camariñas
- “Se depositamos os bastonciños nunha papeleira, evitamos que chegue ao mar un dos dez primeiros contaminantes”
- Pequenos cambios, grandes resultados.
- 300 kg de lixo mariño que nunca volverán ao mar.
- Salvamento de lixo en Punta Caghada.
- Mar de Fábula e RetoqueRetro expoñen no CEIDA a mostra “Cos Pés na Area”
- A ensenada do Coído de Touriñan relucirá de novo, agora si, grazas a Mar de Fábula
- As criaturas caóticas de Mar de Fábula chegan á praia de Ariño
- Mar de Fábula recolle 560 bastonciños de algodón en cen metros de praia
- O impacto ambiental dos bastóns de algodón
- Mar de Fábula e as mariscadoras recuperan a enseada da Basa
- Os voluntarios de Mar de Fábula curan a ferida plástica do Coído de Touriñán
- Unha fábula moi ecolóxica.
- A Costa móllase polas súas praias.
- A veciñanza salva os areais.
- Limpeza Simultánea 2013: Limpando praias e conciencias.
- Plásticos que invanden areais.
- Loitando contra a invasión do plástico.
- Crebas en forma de tartaruga e chapapote en Fisterra.
- Limpando as nosas rías: Hoxe limpamos outro Prestige.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Mar de Fábula