![Oitenta nenos e nenas participan no campamento Vimiveran organizado polo concello vimiances]()
Oitenta nenos e nenas participan no campamento Vimiverán organizado polo concello vimiancés
Non haberá tempo para o aburrimento ao longo de toda esta semana para os 80 nenos e nenas que participan no
campamento Vimiverán, organizado polo concello vimiancés e que se enmarca no
programa de actividades deportivas e culturais do estío. Hípica, unha andaina polos penedos de Pasarela, unha viaxe ao Ecoparque de Marín, acampada nocturna,... son algunhas das actividades que teñen preparadas para os máis pequenos.
![Manuel Antelo e Marta Rey recibiron aos participantes do Vimiveran]()
Manuel Antelo e Marta Rey recibiron aos participantes do Vimiverán
Precisamente na mañá de onte, o alcalde de Vimianzo - Manuel Antelo - e a concelleira de Cultura, Deporte e Mocidade - Marta Rey - déronlle a benvida aos participantes. E tras a recepción oficial, xa se puxeron mans á obra coa realización dun marco de fotos. A xornada rematou cun refrescante baño na piscina municipal.
De campamento a Naturmaz
Tamén dende hoxe e ata o xoves, nenos e nenas do concello de Zas participan no campamento en Naturmaz. Entre outras actividades, farán escalada, paintball, circuíto multiaventura, rappel e tiro con arco. Esta tamén é unha das
actividades da programación para este verán ofertada polo concello de Zas.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Vimianzo