luns. 02.12.2024
El tiempo

1.200 laracheses dan uso ao Punto Limpo do Formigueiro

Punto Limpo Formigueiro Laracha
Punto Limpo Formigueiro Laracha
1.200 laracheses dan uso ao Punto Limpo do Formigueiro

Moi positivas as cifras de usuarios do Punto Limpo do Formigueiro, en Laracha, no pasado 2019. 850 persoas acudiron ás instalacións e outras 328 foron beneficiarias do transporte de enseres desde as súas vivendas., supoñendo un incremento do 15% con respecto ao ano anterior. Cifras que demostran que a cultura da reciclaxe vai calando na socedade vergantiñá.

Un punto limpo que xestiona a Asociación de Pais de Discapacitados Psíquicos de Bergantiños (Aspaber), que tamén coordina a xestión dos iglús verdes de vidro e os contedores azuis de papel e cartón.

A entidade amósanos datos interesantes sobre os regugallos que chegan a este punto:

• 1.443 litros de aceites vexetais e minerais.
• 9,5 toneladas de plásticos duros.
• 95 toneladas de voluminoso, correspondendo máis da metade a colchóns e sofás.
• 140 quilos de tecidos
• 568 quilos de envases con restos de sustancias tóxicas ou perigosas.
• 4.860 quilos de vidro plano.
• 46 toneladas de aparellos electrónicos, equipos informáticos e electrodomésticos (televisores, frigoríficos, conxeladores, ordenadores, radios, etc).
• 94 toneladas de restos de obras (tellas, metais, pintura, etc.).
• 53 toneladas de madeira.
• 400 quilos fluorescentes desbotados.
• 462 quilos de baterías e acumuladores.
• 240 quilos de pilas.

Ademais, os laracheses depositaron en 2019 un total de 219,2 toneladas de envases de vidro (nos iglús verdes) e 108,2 toneladas de papel e cartón.

Horarios

Punto Limpo Formigueiro Laracha horarios aspaber

O Punto Limpo do Formigueiro está aberto ao público os luns, mércores e venres pola tarde e os sábados en horario matutino.
O servizo de recollida de voluminosos a domicilio (mércores, xoves e venres pola mañá) tamén é gratuíto e pode concertarse cita poñéndose en contacto con Aspaber por vía telefónica ou por correo electrónico. Debes avisar antes das 12.00h do día anterior para que pasemos a recollelos, no 981 97 11 00 / 647 76 32 76 ou en [email protected]

Comentarios