Os xoves e sábados de xullo, agosto e setembro, Rutas Guiadas ao Monte Pindo
10:34 01/07/26
Fantástica oportunidade de coñecer o Olimpo Celta polo miúdo. O Concello de Dumbría organiza para os xoves e sábados de xullo, agosto e setembro, Rutas Guiadas ao Monte Pindo. Sempre que poida serán guiadas polo máximo coñecedor de cada rocha, como é Pepe do Fieiro, que aos seus 90 anos segue choutando polas pedras como un cativo.
Inscrición necesaria, a través de formulario online: FORMULARIO RUTAS MONTE PINDO 2026.
