xoves. 02.07.2026
El tiempo

Muros asigna os convenios e asegura a celebración do Castelo Rock e das Carrilanas

Muros Convenios Carrilanas
A alcaldesa de Muros, María Lago, e a concelleira de Cultura, Caridad González, asinando o convenio cos responsables das Carrilanas
Muros asigna os convenios e asegura a celebración do Castelo Rock e das Carrilanas

Asegura Muros a celebración de dous dos eventos máis importantes do verán. Dúas citas que "promoven a nosa cultura, a nosa lingua, a música en galego e as tradicións populares”, asegura a alcaldesa, María Lago, na sinatura dos convenios de colaboración cos organizadores das Carrilanas de Esteiro e do Festival Castelo Rock.

Se o Castelo afronta a segunda edición cun formato máis pequeno, máis local, poñendo o Mercado como epicentro, para as Carrilanas esta será unha edición moi especial, trala suspensión do ano pasado

As Carrilanas de Esteiro celebraranse do 17 ao 19 de xullo, co seu tradicional Gran Prix e un festival de música, ademais doutras actividades para todas as idades.
O Castelo Rock será os días 6, 7 e 8 de agosto, unha vez máis cun completo cartel de concertos e actividades na rúa.

Comentarios