Mércores. 24.04.2024
El tiempo

14 locais participan no Destapa A Laracha

Os peques do CEIP de Caión convertíronse nos Peixiños
14 locais participan no Destapa A Laracha

Presentou onte o Concello a nova ruta gastronómica de Destapa Laracha, que se vai desenvolver durante as catro fins de semana -de venres a domingo- do mes de novembro. Unha iniciativa para desestacionalizar a oferta hostaleira.

Son 14 os establecimentos que ofrecerán a súa elaboración ao prezo de 1,90 euros nas franxas horarias que estimen oportuno e que estarán actualizadas ao momento tanto na web www.destapaalaracha.com como nas redes sociais desta iniciativa organizada polo Concello da Laracha.

Haberá concurso ademais para os comensais que proben as creacións dos seguintes locais:

  • O Noso Café (A Laracha).
  • Café Bar O Encontro (A Laracha).
  • O Trasno (A Laracha).
  • Bar Lestón (Paiosaco).
  • Bar Balbís (Paiosaco).
  • Fogón da Pía (Paiosaco).
  • Cafetería Suíza (Paiosaco).
  • Bar Alecrín (Paiosaco).
  • Furna Atlántica (Caión).
  • Asteria Beach (Caión).
  • A Taberna de San Cristovo (Golmar).
  • Bar Isabel (Montemaior).
  • Café Bar Buenos Aires (Vilaño).
  • Café Bar Basilea (Cabovilaño).

Os Peixiños de Caión

2022.11.02.- Os peixiños van á escola de Caión

O CEIP de Caión acolleu hoxe a actividade Os peixiños van á escola de Caión, unha iniciativa do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Costa da Morte coa que se pretende dar valor ao produto local e introducir o peixe na dieta dos máis cativos.
A xornada desenvolveuse en tres espazos diferentes. No primeiro mostráronse e explicáronse as características de diferentes especies mariñas singulares como ourizos, estrelas de mar, esponxas, náutilos e cabaliños de mar. No segundo espazo expuxéronse diversos tipos de peixes e mariscos xunto coas artes de pesca que se empregan para capturalos. Ademais, explicouse aos asistentes como medir os bivalvos e a importancia de respectar os tamaños.
Por último, no terceiro espazo degustaron unha hamburguesa de xurelo con queixo e tomate elaborada polo cociñeiro Miguel Mosteiro.

Comentarios