Venres. 26.04.2024
El tiempo

7 moz@s da Laracha disfrutan dun intercambio en Berlín

Laracheses en Berlin exterior Bundestag
Laracheses en Berlín diante do Bundestag
7 moz@s da Laracha disfrutan dun intercambio en Berlín

 O primeiro dos dous programas de intercambio xuvenil nos que participa neste verán o Concello xa está en marcha. Son 7 os laraches@s de idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos, acompañados por tres monitores -un deles, o tenente alcalde, José Ramón Martínez Barbeito-, os que están en Berlín desde o pasado luns. Ata o día 6 de xullo forman parte da iniciativa organizada polo Distrito de Reinickendorf nun deses intercambios que tan ben serve para abrir as mentes da nosa mocidade.

Nos primeiros días de viaxe visitaron varios puntos da cidade alemá, incluíndo o zoo e o exterior do Bundestag (a sede do Parlamento alemán) e da Universidade. Tamén acudiron a un centro de ensino no que se imparten clases de español e realizaron un obradoiro para honrar a memoria de activistas políticos asasinados por Hitler.
Nos próximos días teñen previsto visitar o Ministerio de Finanzas de Berlín, as cidades de Dresden e Postdam, varios museos e o teatro Friedrich Stadt Palast.

Venecia

O outro programa de intercambio, no que participarán outros dez mozos laracheses, será na cidade de Venecia e terá lugar do 2 ao 9 de xullo. Neste caso a organización será a cargo do Polo Tecnico Professionale desa localidade italiana. Ademais de coñecer a cidade e outras do seu entorno, visitaranse os puntos de interese máis importante e realizaranse actividades culturais. 
 

Comentarios