A mocidade da Laracha poderá realizar Intercambios en Berlín e Venecia
Oportunidade magnífica a da rapazada da Laracha de disfutras dunhas inesquecibles vacacións de aprendizaxe. O Concello formará parte de sendos programas xuvenís de intercambio nas cidades de Venecia (Italia) e Berlín (Alemaña) nos que se convida a participar a mozos laracheses de idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos, a través do programa Europe for Citizens co financiamento da Unión Europea.
Para acudir a Berlín hai sete prazas dispoñibles. O programa desenvolverase do 27 de xuño ao 6 de xullo baixo a organización do Distrito de Renickendorf. Entre as actividades a realizar, inclúense visitas ás cidades de Dresdren e Postdam, museos e ao teatro Friedrich Stadt Palast.
No caso de Venecia, a organización será a cargo do Polo Tecnico Professionale de dita localidade italiana e desenvolverase do 2 ao 9 de xullo. Ademais de coñecer a cidade e outras localidades do seu entorno, visitaranse os puntos de interese máis importante e realizaranse actividades culturais. Hai dez prazas dispoñibles para mozos laracheses.
En ambos casos os participantes, que viaxarán acompañados por monitores, soamente deberán abonar 100 euros como cota de inscrición, facéndose cargo a organización dos gastos do aloxamento, manutención, desprazamentos no destino, entradas aos museos e todas as actividades que se leven a cabo.
A inscrición, exclusiva para empadroados no Concello da Laracha, abriuse este xoves e pecharase o martes da próxima semana, día 31 de maio, cubrindo un formulario online da web municipal.