Martes. 19.03.2024
El tiempo

O alumnado do PIE da Laracha ten moito que contar

Ana Rey e Cristina Reu imparten o curso PIE Laracha
Ana Rey e Cristina Rey, segunda e terceira pola esquerda, imparten o curso de administración no PIE da Laracha
O alumnado do PIE da Laracha ten moito que contar

Continúa en marcha o Programa Integral de Emprego da Laracha (PIE). Da man das profesoras Ana Rey e Cristina Rey, o alumnado do curso da especialidade de Administración e servizos inauguran hoxe un blog ao que denominaron “alarachalgoquecontar”.

Neste blog, ademais de consolidar coñecementos e contar a súa experiencia no programa, queren compartir a súa paixón por Laracha.

O blog contará cun espazo no que se recollerán enlaces a outras webs da zona e falarase de temas de actualidade, sitios que podemos visitar, curiosidades, gastronomía, historias do pobo e a súa xente así como outros temas cos que nos irán sorprendendo.

Pretenden ademais que o blog sexa interactivo, e que todo aquel que lle interese participe contando as súas experiencias, dando as súas opinións sobre os distintos temas tratados, suxerindo novos temas.

Comentarios