Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Arrincaron as obras de saneamento na Xermaña

Arrincaron as obras de saneamento na Xermaña
As obras do proxecto de mellora do saneamento e da rede viaria no núcleo de Xermaña, na parroquia de Caión, xa están en marcha.
Este proxecto está valorado en 63.000 euros e inclúe dúas intervencións diferenciadas. Por unha parte, a mellora do saneamento de residuais que contempla a instalación dunha rede de impulsión para facilitar a evacuación cara a rede xeral.
Por outra banda, tamén está previsto actuar na rede viaria para renovar a superficie de rodadura de dous camiños de titularidade municipal situados no mesmo núcleo de Xermaña, que suman unha lonxitude duns 350 metros e que comunican a zona da intervención coa estrada DP-0514.

Comentarios