Xoves. 28.05.2020
El tiempo

As Asociacións da Laracha vólcanse coas familias con menos recursos

Doazón Asociación Cultural Queiroga ao Concello da Laracha
Doazón Asociación Cultural Queiroga ao Concello da Laracha
As Asociacións da Laracha vólcanse coas familias con menos recursos

A semana foi o o Club de Montañismo de Arteixo. Antes xa protagonizara unha mostra de solidariedade unha empresa agrícola ademais dos comedores do CEIP Otero Pedrayo e da escola infantil A Galiña Azul. Onte eran as Asociacións Adro de Vilaño, e a ADC Santa Lucía de Soandres as que facían as súas doazóns de alimentos aos Servizos Sociais da Laracha. Hoxe damos conta dunha mostra de solidariedade do activo tecido asociativo larachés.

A Asociación Cultural Queiroga de Paiosaco entregou aos representantes municipais (o alcalde, José Manuel López Varela, e a edil Rocío López) 126 quilos de produtos cárnicos repartidos en catorce paquetes que os servizos sociais municipais distribuirán entre ese mesmo número de familias.

Feira de Paiosaco

Outra que volverá ter actividade este domingo é a Feira de Paiosaco, no recinto feiral, recén renovado.

O Concello lembran que os produtores de produtos alimentarios teñen que reservar previamente o espazo para o seu posto chamando ao 981605001 entre o mércores e o venres en horario de 10:00 a 14:00 horas. En todo caso a instalación dos postos de venda farase entre as 8:00 e as 9:30 horas do domingo baixo a supervisión da Policía Local e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil para garantir o cumprimento das medidas de seguridade establecidas polas autoridades sanitarias competentes.

Novas relacionadas

comentarios