Martes. 17.09.2024
El tiempo

Avanzan as obras de ampliación do Punto Limpo da Laracha

2024.08.19.- Obras ampliación punto limpo Laracha
Avanzan as obras de ampliación do Punto Limpo da Laracha

Visita municipal onte para supervisar as obras de ampliación das instalacións do punto limpo da Laracha.

A intervención que se está levando a cabo permitirá incrementar os espazos e reforzar os servizos que o punto limpo ofrece á cidadanía, optimizando así o procedemento de xestión do material de reciclaxe.

O proxecto contempla a urbanización dun sector da parcela contigua ao punto limpo -fase na que se centran os traballos no momento actual- para a creación dun novo espazo con acceso pola entrada principal que complemente ao xa dispoñible no momento actual. Así, facilitarase ao persoal o desenvolvemento das tarefas de recepción, separación, clasificación, almacenamento e control dos residuos para a súa posterior derivación ao xestor correspondente.

Posteriormente construiranse dúas marquesiñas cubertas (unha para o depósito de contedores e realización de labores de mantemento por parte do persoal das instalacións e, a outra, para contedores especiais) e serán habilitadas máis plataformas para incrementar a cantidade de contedores dos diferentes tipos de residuos. Ademais crearanse unha zona de aparcamento de vehículos e áreas axardinadas.

Neste proxecto o Concello e a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, invisten 250.000 euros.

Comentarios