Sábado. 07.09.2024
El tiempo

Unha campiona de España para A Laracha

2024.08.08.- Recibimento Iria Barreiro
O alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira de Deportes, Patricia Bello, recibiron hoxe no Concello a Iria Barreiro Matos,
Unha campiona de España para A Laracha

Ten apenas 15 anos pero xa sabe o que é proclamarse campioa de España. A larachesa Iria Barreira gañou a proba de sprint en categoría xuvenil nos campionatos nacionais de verán disputados na praia de Gurugú do municipio de Benicarló, ao norte da provincia de Castellón. O Concello quixo render un recibimento especial.

Iria Barreiro compite co Club de Salvamento Acuático Laracha (SAL) desde os 9 anos de idade. Durante a temporada de inverno adestra na piscina municipal da Laracha e no verán, na praia de Caión e tamén no lago das Encrobas de Cerceda. En época de competición realiza sesións de adestramento seis días á semana. No mes de agosto está a tomarse un merecido descanso.

No campionato celebrado en Castellón, ademais do primeiro posto en sprint foi sétima clasificada nacional en bandeiras, mesma proba na que acadou un terceiro posto nos campionatos galegos que tiveron lugar en Dumbría.

O alcalde e a concelleira fixéronlle entrega a Iria Barreiro dun detalle institucional en recoñecemento aos resultados obtidos que “puxeron á Laracha no máis alto do salvamento e socorrismo a nivel estatal”, pero tamén ao esforzo e traballo diario que está detrás deles, animándoa a continuar adestrando e competindo coa mesma ilusión.

Comentarios