O Campo do Voluntariado coida e espalla o Castro de Montes Claros
Neste ano dáse a circunstancia de que o campo de voluntariado coincide coa segunda escavación arqueolóxica que se está a realizar no castro por iniciativa do Concello. Isto permitiu que os voluntarios estean integrados co equipo profesional de restauración e poidan observar de primeira man o significado dos traballos que están en marcha e as pautas e os criterios do proceso de consolidación. Sempre baixo dirección arqueolóxica, están a actuar na ampliación da zona da Pegada do xentil mediante a limpeza da cobertura vexetal e o mantemento desa área.
Aula lúdica municipal
O de hoxe foi un día especial e diferente para os voluntarios, xa que recibiron a visita dun grupo de 37 nenos de tres e a seis anos de idade que son usuarios da aula lúdica municipal durante o verán. Tamén acudiron ao encontro o alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira de Servizos Sociais, Rocío López.
Para enriquecer a visita ao xacemento e facilitarlles aos nenos a comprensión das explicacións, os mozos participantes no campo de voluntariado realizaron unha representación abordando de xeito teatralizado os aspectos máis característicos e importantes do Castro de Montes Claros.
Na xornada de mañá farase unha segunda visita de similares características, pero desta volta con nenos de sete a doce anos de idade. Tamén realizarán obradoiros de barro, tiro ao branco e estampación, entre outros. Intervencións no castro e actividades complementarias