Estrean en Muxía a nova Confraría Nosa Señora da Barca
Esta semana unha serie de veciños e veciñas de Muxía uníanse para formar a Confraría Nosa Señora da Barca, unha asociación pública de fieis constituida na Archidiócese de Santiago de Compostela, ao amparo do establecido polo Código do Dereito Canónico, que goza de personalidade xurídica na Igrexa.
A Confraría Nosa Señora da Barca comunica con satisfacción a súa constitución oficial, nacendo coa finalidade de promover, conservar e difundir a devoción á Nosa Señora da Virxe da Barca, así como fomentar a participación nas actividades relixiosas, culturais e sociais vinculadas á súa tradición e a parroquia de Santa María de Muxía.
A creación desta confraría supón un paso importante para fortalecer o patrimonio espiritual e cultural da vila da Barca,
O seu Presidente é José Manuel Blanco Lema, o recoñecido Policía Local da vila Manel, e o resto da Xunta Directiva son Eliseo Sambad, Aureliano José Búa, Manuel Sambad e José Manuel Riveiro. Todos queren facer un chamamento a todas aquelas persoas interesadas en integrarse na Confraría, convidándoas a participar activamente na súa vida e nas iniciativas que se desenvolverán ao longo do ano.
As persoas que desexen facerse confrades ou recibir máis información poden poñerse en contacto con calquera dos membros da Xunta Directiva, que lles facilitarán toda a información necesaria sobre o proceso de incorporación.
A Confraría Nosa Señora da Barca agradece de antemán o apoio recibido da Igrexa e do Arzobispado e anima á veciñanza a sumarse a este novo proxecto, que nace coa ilusión de preservar e engrandecer unha das tradicións máis representativas da nosa comunidade.