Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Carballo e A Laracha terán novos Obradoiros de Emprego

CURSO ATENCION SOCIOSANITARIA copia
Carballo e A Laracha terán novos Obradoiros de Emprego

A Consellería de Emprego e Igualdade vén de comunicar a aprobación de varios Obradoiros de Emprego para a comarca. E Carballo e A Laracha non perden a ocasión de formar traballando a unha vintena de moz@s, e aproveitalos para adecentar as instalacións municipais, innovar… Unha gran oportunidade para Concellos e para a mocidade da zona, pois terán 9 meses de formación pagada, e recibirán un certificado de profesionalidade.

Deste xeito, a rapazada da comarca de Bergantiños deberá estar atenta porque nestas vindeiras semanas abrirán os procesos de selección nos dous Concellos, unha vez que a formación terá que comezar en outubro. As persoas que desexen optar a un dos postos de alumnos-traballadores deben estar inscritas na súa oficina de emprego de referencia como demandantes de emprego.

Obradoiro “Carballo Coida”

20 moz@s poderán formarse, recibindo un soldo, en atención sociosanitaria a persoas dependentes no obradoiro dual de emprego “Carballo Coida”, un proxecto de formación e inserción laboral impulsado dende a concellaría de Innovación, Formación e Emprego en coordinación coa de Igualdade e Benestar

O departamento autonómico realizará unha achega de 346.946 euros para o financiamento da acción formativa, que se complementará con outra partida de 16.500 euros para 11 incentivos á contratación laboral.

A etapa de formación teórico-práctica ten 9 meses de duración, e dende o inicio o alumnado-traballador terá un contrato para a formación e aprendizaxe polo que percibirá unha retribución equivalente ao 100% do salario mínimo interprofesional.
Para o desenvolvemento do proxecto, o Concello de Carballo ten como entidades colaboradoras a Afaber, Aspaber, Cáritas Interparroquial de Bergantiños, Íntegro e o Centro de Día da Praza de Vigo.

Doble obradoiro na Laracha

O Concello da Laracha acollerá o Obradoiro de Emprego A Laracha VII, o sétimo programa dual de formación e emprego que organizará o Concello da Laracha. Constará de dúas especialidades, a de pintura industrial en construción –que centrará as intervencións en edificios públicos e equipamentos de titularidade municipal- e a de atención sociosanitaria a persoas en institucións sociais. Cada unha delas contará con dez alumnos-traballadores. Ademais, o equipo directivo, formativo e administrativo estará composto por un director, un mestre para cada unha das dúas especialidades, un mestre/titor e un auxiliar administrativo. Por tanto, en total serán contratadas un total de 25 persoas.

Novas relacionadas

Comentarios