Domingo. 03.11.2024
El tiempo

Carballo e A Laracha comezan o reparto de máscaras cirúrxicas

13042020 mascaras_cirurxicas (1)
Carballo e A Laracha comezan o reparto de máscaras cirúrxicas

Comeza esta semana o Concello de Carballo, casa por casa, o reparto de 32.000 máscaras cirúrxicas. Practicamente toca a unha por habitante para que todos os fogares, cando teñan que acudir a un lugar no que non sexa posible respectar as distancias de seguridade sanitarias con outras persoas, pois o uso de mascarillas está recomendado neses casos polo Ministerio de Sanidade.

Serán Protección Civil e a Brigada de Obras os encargados de facela distribución, entregando dúas máscaras por casa..

Son máscaras que o Concello adquiriu tras numerosas xestións e que se suman ás 4.000 enviadas polo Goberno do Estado para os/as traballadores/as e que foron repartidas hoxe por fectivos da Garda Civil e da Policía Local no polígono industrial, grandes empresas situadas noutros puntos e supermercados, principalmente. Tamén chegaron estes días novo material da Xunta de Galicia: 8 buzos de prolipropileno, 400 pares de luvas, 5 botellas de xel hidroalcohólico, 4 de lixivia e 400 máscaras cirúrxicas.

Persoal municipal tamén entregará a partir de hoxe a domicilio 288 tarxetas de alimentos para as familias de 395 escolares co comedor subvencionado ao 100%.

18.000 na Laracha

Mascarillas na Laracha

O Concello da Laracha completou as xestións para adquirir 18.000 mascarillas cirúrxicas homologadas e outros tantos pares de guantes de protección, material que será distribuido a domicilio en todas as vivendas habitadas do termo municipal.
O reparto porta a porta iniciarase nesta semana e será realizado por membros de Protección Civil e voluntarios que colaborarán na loxística.

De feito, o reparto comezou este mércores 15 de abril, e foi pola a realizarse na parroquia de Vilaño. En cada vivenda entrégase un paquete que inclúe 3 mascarillas e 6 guantes (3 pares). Ditos paquetes foron preparados por traballadores dos diferentes departamentos do Concello que se prestaron voluntarios para colaborar, como vemos na imaxe.

O médico de Camelle explica como e cando usar as “mascarillas” caseiras

 


 

 

 

Comentarios