Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Carolina Castiñeiras, escollida como candidata do BNG na Laracha

carolina_castinheiras-BNHG Laracha 2023
Carolina Castiñeiras, escollida como candidata do BNG na Laracha

Carolina Castiñeiras Brandón será a candidata do BNG á alcaldía da Laracha nas eleccións municipais do vindeiro 28 de maio de 2023. A militancia vén de avalar, de xeito unánime, o traballo que vén desenvolvendo dentro e fóra da corporación municipal.

Carolina Castiñeiras Brandón, veciña de Paiosaco, iniciou a súa actividade política como responsable de Muller en Galiza Nova, e dende aquela continúa a loitar dende diferentes ámbitos pola igualdade real entre homes e mulleres. Dende o ano 2007 é concelleira na Laracha. A nivel persoal desenvolve tamén un importante labor dende a xunta directiva de Asarga (Asociación de Sarcomas de Galicia) para dar visibilidade a ese tipo de cancro, pouco frecuente, co obxectivo de que se destinen máis fondos a investigalo.

“Son concelleira do BNG e desenvolvo ese labor con intensidade e implicación. Agora asumo a responsabilidade de encabezar a candidatura do BNG nas vindeiras eleccións, ofrecendo un proxecto de concello que mude as políticas desenvolvidas polo PP nos últimos anos e beneficie realmente a nosa veciñanza”, expón.

Castiñeiras contará co apoio do ata agora candidato, e actual portavoz municipal e responsable local, Xoán Sande, que será unha das pezas fundamentais do equipo de traballo electoral. 

 

Comentarios