Carolina Castiñeiras presenta ás 5 persoas que a acompañan na lista do BNG da Laracha
07:37 30/01/23
O BNG da Laracha presentou esta fin de semana as 5 persoas que acompañan a Carolina Castiñeiras Brandón nos primeiros postos da candidatura. Nun recuncho tan emblemático coma a área recreativa de Gabenlle, a candidata á alcaldía deu a coñecer a seus compañeiros e compañeiras, entre os cales figuran tres caras novas nos postos 3, 4 e 5.
Máis novas das Eleccións
Así quedaría conformado o primeiro tramo da lista:
- 1. Carolina Castiñeiras Brandón (Paiosaco), actual voceira do grupo municipal e concelleira dende o ano 2007, aínda que a súa experiencia política vén de máis atrás, xa que está vinculada ao proxecto nacionalista dende os 18 anos, e ao longo da súa traxectoria desempeñou diversas responsabilidades, primeiro en Galiza Nova e despois no BNG.
- 2. Xosé María Cotelo Freire (A Laracha), é o coordinador da Mesa Pola Normalización Lingüística e da Plataforma Galega en Bergantiños e Costa da Morte. Traballador de AENA.
- 3. David Bermúdez Lamas (Montemaior), é o responsábel de Galiza Nova na Laracha, e profesionalmente é un DJ moi recoñecido.
- 4. Fanny Pombo Angeriz (Lemaio), administrativa nunha empresa do sector industrial.
- 5. Maribel Fraga Cotelo (A Laracha), traballadora do sector sociosanitario
- 6. José Ramón Mallo Buño (Coiro), labrego.