O CEMMA comparte material de rescate de cetáceos coas autoridades da Laracha
- Esta ONG impartira en Caión en novembro un obradoiro sobre o rescate de tartarugas e cetáceos.
A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) entregou onte á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Laracha unha padiola para a evacuación de cetáceos e carteis informativos sobre as candorcas ibéricas, especie mariña que habita no océano Atlántico.
No pasado mes de novembro a CEMMA impartira na praia de Caión un obradoiro no que se levaron a cabo simulacros de rescate de tartarugas e de mamíferos mariños e no que participara tanto voluntarios de Protección Civil como veciños en xeral. Naquel momento recibiran formación relativa ao que se debe facer no caso de atopar un animal desas características no areal para ofrecerlle os primeiros auxilios e a asistencia oportuna para aumentar as súas posibilidades de supervivencia. Agora, coa dispoñibilidade do material cedido facilitarase a realización das intervencións oportunas ante unha situación desas características.