luns. 03.08.2026
El tiempo

Satisfacción na Asociación de Olería de Buño pola boa resposta ante as novidades da Mostra

Mostra de Oleria de Buno 2026 3
Un obradoiro en directo
Satisfacción na Asociación de Olería de Buño pola boa resposta ante as novidades da Mostra

Valoración “moi positiva” que fai a Asociación de Olería de Buño trala celebración esta fin de semana da XLI Mostra da Olería de Buño. Era un ano ademais de cambios, pero a resposta do público foi moi boa. De feito, un dos puntos claves sempre son as vendas, e este ano “foron moi moi ben” nas 8 casetas dos talleres participantes, gracias á arte dos nosos artesáns que manteñen vivo un dos oficios tradicionais con maior arraigamento en Galicia., e tamén das interesantes actividades propostas por toda a vila, que fixo que sempre houbese xente visitando os postos pero sen aglomeracións e con tempo para mercar a gusto.

Mostra de Oleria de Buno 2026 2
As autoridades visitando as casetas

Un dos cambios que este ano tivo a Mostra foi a ubicación das pezas da exposición, cambiando da carpa onde se fixera en anos anteriores ao Teleclub, gracias á colaboración do cura de Buño e a Asociación veciñal social e cultural Teleclub de Buño. “Temos que dicir que foi todo un éxito, as pezas lucían espectaculares e a xente encantoulle”, sinalan dende o gremio de oleiros e oleiras.

Cocedura internacional

Mostra de Oleria de Buno 2026
A cocedura

Un dos fitos máis importantes da Mostra sempre é a cocedura tradicional, onde ademais recibiron a visita de xente dende distintos puntos de Galicia, España e incluso doutros paises de Europa, que trouxeron a súa peza para cocer no Forno do Ecomuseo. Tamén axudaron moitos a preparar todo: carrexando ladrillos e pezas, poñendo a lama, atizando no forno, etc. Polo que se conseguiu que tanto a cocedura como a carroa da noite chegara a ser todo un éxito, con mitísima xente de todas as idades e lugares disfrutando xuntos de algo tan ancestral e marabilloso.

Así, os espazos expositivos de Olería Rulo, das alfarerías O Falsete, Feituras, Risco Estudio, Faya e A Cacharrera e dos Obradoiros Cambón e Tonio, foron un reclamo continuo ao longo da fin de semana, tanto como as demostracións de torno no Parque Luciano García Alén, para demostrar o potencial desta Festa Galega de Interese Turístico declarada dende o ano 2000 e distinguida coa Medalla de Oro ao Mérito nas Belas Artes en 2007.

familia da Oleria de Buno
Familia da Oleria de Buno

Comentarios