Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Coleo Recycling, pioneira empresa de reciclaxe textil, creará emprego a persoas con diversidade funcional no polígono da Laracha

Coleo Recicling Laracha
A xerente de SEA Beatriz Sestayo realizou unha visita á fábrica de Coleo en Pocomaco
Coleo Recycling, pioneira empresa de reciclaxe textil, creará emprego a persoas con diversidade funcional no polígono da Laracha

A empresa Coleo Recycling abrirá as súas novas instalacións no polígono da Laracha en 2024. A empresa herculina, pioneira na reciclaxe téxtil, trasladará de Pocomaco o seu centro de traballo, ás dúas parcelas de 12.000 m2 que vén de adquirir no polígono bergantiñán.

A empresa necesitará 70 postos de traballo, contando coas 36 que xa ten, actualmente, en Pocomaco. Cómpre ter en conta que máis do 90% dos traballadores de Coleo, que está catalogado como Centro Especial de Emprego, son persoas cun grao de discapacidade superior ao 33%.

A empresa conta cun proceso totalmente circular, no que as prendas que se reciclan acaban converténdose en teas ou fíos cos que confeccionar novas pezas, reducindo así o alto desperdicio téxtil actual.
A previsión, segundo especificou o seu xerente, Marc Puyuelo, será xestionar inicialmente 5.000 toneladas de residuos téxtiles na planta da Laracha para chegar ás 10.000 toneladas a medio prazo.

Comentarios