Xoves. 18.04.2024
El tiempo

O Concello da Laracha compra as Torres de Cillobre, icona do seu escudo

Casa de Cillobre -Laracha do 2010
Así estaba a Torre de Cillobre en 2010
O Concello da Laracha compra as Torres de Cillobre, icona do seu escudo

con 54.000 euros de remanente de tesourería, o Concello da Laracha afronta a compra a compra de todos os terreos vinculados ao conxunto arquitectónico das Torres de Cillobre - os restos da fortaleza datada no século XIV e que precisamente dan nome ao núcleo no que se sitúan, xunto ao casco urbano da Laracha- e catalogados no Plan Especial de Patrimonio Cultural.

As Torres de Cillobre son un dos símbolos do Concello da Laracha ao aparecer representadas no escudo municipal, o que reflicte a súa relevancia histórica en especial durante a época feudal, na que pertenceron a familias nobres. A día de hoxe aínda se conservan unha parte do muro perimetral e a vivenda da torre.

logo e escudo Concello Laracha
Logo e escudo do Concello Laracha coas Torres de Cillobre

Unha vez concretada a compra e sexan un ben de titularidade pública, as Torres de Cillobre poderán ser obxecto de proxectos e iniciativas para a súa restauración e posta en valor.

Continúa o Concello a recuperación de bens como o Castro de Montes Claros ou o Menhir de Erboedo.

Comentarios