Luns. 29.04.2024
El tiempo

O Concello da Laracha denunciará un vertido de lixo no Castro de Montes Claros

2023.06.25. Vertido lixo Castro de Montes Claros (2)
Vertido de lixo no Castro de Montes Claros
O Concello da Laracha denunciará un vertido de lixo no Castro de Montes Claros

Incrible pensar como alguén se lle pode ocorrer descagar unha furgoneta chea de electrodomésticos vellos no marco dun espazo natural e patrimonial como o Castro de Montes Claros. Pero así aconteceu, así se atoparon a recuperaba zona a Policía Local esta fin de semana.

Se ben os operarios municipais x procederon á retirada do material depositado para evitar danos nese espazo de alto valor patrimonial e medioambiental, o Concello da Laracha informa de que denunciará ante a Garda Civil e o Seprona o vertido.

Paralelamente a Policía Local abriu unha investigación e solicita a colaboración cidadá para tratar de dar cos responsables.

Desde o Concello laméntase "a actitude incívica e insolidaria dos responsables deste acto, especialmente grave ao afectar a un espazo de alto valor patrimonial como é o Castro de Montes Claros e, ademais, por tratarse dun tipo de material que pode depositarse de xeito gratuíto no punto limpo da Laracha, o que garantiría
o seu correcto tratamento".

Comentarios