Martes. 19.03.2024
El tiempo

O Concello da Laracha esixe a cobertura de todas as prazas de carteir@s

Concentracion de Carteiras Correos contra o novo modelo
As concentracións contra os recortes en Correos levan producíndose varios anos
O Concello da Laracha esixe a cobertura de todas as prazas de carteir@s

Son 9 as seccións que sobre a oficina de Correos da Laracha. Deberían ser pois 9 @s carteiros que cubrisen esas zonas, pero a día de hoxe, e dende hai case un ano, a oficina conta soamente de 5 ou, en ocasións, 4 carteir@s.

De aí, e tras recibir as queixas da veciñanza pola perda de calidade do servizo, tanto na correspondencia como en paquetería, que o Concello da Laracha solicitase formalmente á Xefatura do sector da rede de oficinas de Correos en Galicia que na Laracha se cubran a totalidade das nove prazas de carteiros para realizar o reparto no termo municipal.

Estes retrasos son especialmente graves cando se trata do envío de notificacións oficiais e de citas médicas polas consecuencias que pode supoñer para os seus destinatarios.

Novas relacionadas

Comentarios