Xoves. 18.04.2024
El tiempo

O Concello da Laracha solicita a Telefónica a reparación de numerosos equipamentos

2021.01.09. Tendido Telefónica na pista Compañeir a O Convento
Tendido eléctrico de Telefónica na pista Compañeiro a O Convento
O Concello da Laracha solicita a Telefónica a reparación de numerosos equipamentos

Moitos veciños teñen denunciado o mal estado do tendido aéreo en determinadas localizacións da Laracha, nas que o cableado se atopa a baixa altura ou mesmo a ras de chan. Ou a presencia dunha caixa coa estrutura deteriorada situada nunha beirarrúa en Bos Aires, xunto ao núcleo urbano.

Unhas queixas das que se fai eco o Concello, que vén de solicitar por escrito á dirección xeral de Teléfonica S.A. en Galicia a reparación dos equipamentos da compañía de telecomunicacións. Na solicitude, que se acompañou cunha reportaxe fotográfica dos equipamentos máis deteriorados, explícase que esta situación supón prexuízos para os veciños residentes nos lugares afectados e tamén pode significar complicacións na circulación de vehículos e mesmo un perigo para os viandantes.

Mellora enerxética

Paralelamente, o Concello informa de que 5 actuacións de mellora da eficiencia enerxética que tiñan en marcha tralo acordo co IDAE xa están concluídas. Un proxecto de 1,2 millóns de euros, que serviron para levar a cabo a substitución de luminarias por outras LED de última xeración. Pretenden o dobre obxectivo de reforzar a aposta municipal pola redución das emisións para combater o cambio climático e adelgazar o gasto enerxético sen minorar a calidade do servizo.
As actuacións afectaron ao alumeado público dos núcleos urbanos da Laracha, Paiosaco e Caión (1.397 luminarias), núcleos rurais (2.493), entorno do parque empresarial (283), á renovación da iluminación interior en edificios (Casa do Concello, biblioteca municipal da Laracha e servizos múltiples) e ás instalacións deportivas de titularidade municipal (complexo deportivo municipal da Laracha e pavillóns do IES Agra de Leborís, Paiosaco e Caión).

Comentarios