Xoves. 30.05.2024
El tiempo

O Concello da Laracha toma medidas contra as empresas madereiras polo mal uso das vías forestais

Mal estado das pistas forestais Montemaior-Laracha
O Concello da Laracha toma medidas contra as empresas madereiras polo mal uso das vías forestais

O Concello da Laracha vén de anunciar o peche temporal de varias pistas forestais da parroquia de Montemaior como medida de seguridade. Faino debido aos estragos causados pola empresa madeirista que está a realizar unha tala, e que deixan as vías que serven de acceso a parcelas agrícolas, localízanse próximas aos núcleos de A Fieira, A Casanova, Balvís, O Penedo e As Nocellas, absolutamente esfoladas.

A Policía Local redactou o correspondente informe de danos. O Concello xa está realizando as accións oportunas para, primeiro, sinalizar sobre o terreo para advertir aos vehículos do peche dos camiños forestais. Ao mesmo tempo, abriuse un expediente sancionar á empresa, á que se lle incautará a fianza ou aval depositados e se lle requirirá para que proceda a reparar os danos ocasionados.

Mal estado das pistas forestais Montemaior-Laracha2

Toma esta medida o Concello ante os reiterados problemas que se están a rexistrar no termo municipal causados polas empresas dedicadas á xestión forestal, e co obxectivo de minimizar os danos, o goberno local iniciou os trámites para modificar a ordenanza reguladora da actividade de corta, depósito, carga e transporte da madeira de tala.

Desde o Concello laméntanse as molestias que esta situación está a causar á veciñanza, principalmente aos propietarios das fincas emprazadas xunto ás vías afectadas.

 

Comentarios