Luns. 17.05.2021
El tiempo

O Concello expropia a Carballeira de San Fins

O Concello expropia a Carballeira de San Fins

Boa iniciativa do Concello da Laracha, que vai expropiar as fincas da Carballeira de San Fins, na parroquia de Montemaior, para poñelas en valor.

O Concello empregará case 73.000 euros procedentes de fondos municipais para facerse cunse 21.716 metros cadrados de superficie. Así o acordaron na última sesión da Xunta de Goberno Local,

As 12 parcelas quedan rexistradas no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) como solo rústico de protección natural polo sistema de espazos libres.

Agora estará un mes en exposición pública antes de elevarse a definitiva a aprobación do proxecto de expropiación. Así mesmo, notificarase aos propietarios dos terreos e abrirase o período de alegacións ao xustiprezo.
Unha vez completado o procedemento de compra dos terreos, o Concello ten proxectadas unha serie de actuacións dirixidas a poñelos en valor econatural e evitar o deterioro da carballeira de San Fins, un ámbito de especial riqueza ao albergar árbores autóctonas –principalmente, carballos e castiñeiros-, nalgúns casos centenarias. O dobre obxectivo último é conservar o patrimonio natural municipal e habilitar neste espazo unha nova área de ocio e esparexemento tanto para uso e disfrute da cidadanía larachesa como para aumentar o potencial turístico do municipio.

comentarios