Xoves. 02.05.2024
El tiempo

O BNG critica a nova dedicación exclusiva do Concelleiro de Obras da Laracha

2023.06.26.- Pleno organización Concello Laracha
Imaxe dun pleno da Laracha
O BNG critica a nova dedicación exclusiva do Concelleiro de Obras da Laracha

O BNG vén de criticar o aumento de soldo do concelleiro encargado da dirección interna e a xestión do servizo de Patrimonio, Obras e Urbanismo, Pablo Cambón Bértoa. A Comisión de Informativa Asuntos Xerais do Pleno recollía na orde do día a petición para que o Pleno recoñeza a dedicación exclusiva do concelleiro, "debido á complexidade e a gran cantidade de traballo que conleva co fin de acadar o mellor funcionamento do servizo municipal."

Unha proposta que chega só 3 meses despois do Pleno de Organización, onde, á proposta do propia alcaldía, deixaba sen retribución económica de ningún tipo á Concellería de Cambón, se ben recollía unha suba de máis de 700 euros /mes en 14 pagas a outras 3 concellerías con dedicación exclusiva.

Dende o BNG consideran que "unha concellería tan importante coma esta debe ter dedicación exclusiva por parte de quen a ostente, polo tanto non se entendía porqué no conlevaba o correspondente soldo, e así o manifestamos no devandito Pleno, pero non de non obtivemos resposta de ningún tipo. Deste xeito, a lexislatura 2023-27 arrincaba con unha dedicación exclusiva remunerada menos ca nos anteriores mandatos". 

O BNG, que se abstivera no pleno de organización, desta volta vai votar en contra da nova concesión da dedicación, ao entender que "o grupo de goberno pretende "colar" á cidadanía un soldo que suporá 40.880 euros anuais de incremento ás arcas municipais (2920 euros en 14 pagas)".

Comentarios