Xoves. 10.10.2024
El tiempo

Destapa Laracha permitirá gozar da gastronomía bergantiñá durante as fins de semana de novembro

Tapa Asador Manduca
Destapa Laracha permitirá gozar da gastronomía bergantiñá durante as fins de semana de novembro

Xa está en marcha a segunda edición do Destapa Laracha. En www.destapaalaracha.com podedes ver xa todos os participantes e as propostas que nos traerán nas catro fins de semana do mes de novembro.  Un programa que se realiza cos obxectivos de dinamizar o sector da restauración, potenciar os produtos locais, fomentar a colaboración e as relacións comerciais entre o tecido empresarial larachés e desestacionalizar a oferta turística.

A principal novidade deste ano será a existencia de dúas modalidades diferentes no concurso, unha na que a elaboración dos petiscos debe ser tradicional e outra, vangardista. Para cada unha delas haberá un premio de 1.000 euros á elaboración que sexa mellor valorada tanto polos propios consumidores como polo xurado de expertos que será nomeado polo Concello.

Cada establecemento decidirá libremente se participa só nunha ou en ambas modalidades, como tamén poderá escoller as datas e as franxas horarias nas que ofrecerán as tapas ao público previa comunicación á organización do evento. En todos os casos, os petiscos tradicionais terán un prezo de 1,90 euros e os vangardistas, 2,50 euros.

Comentarios