Mércores. 23.10.2024
El tiempo

As obras do paseo marítimo de Caión comezarán en setembro

2024.07.02.- Belén do Campo, paseo marítimo de Caión
As obras do paseo marítimo de Caión comezarán en setembro

Visita institucional da Delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, para supervisar a zona na que se levará a cabo a mellora dos elementos de protección do paseo marítimo da senda do Saladoiro.

Unhas obras que contarán cunha axuda de Turismo de Galicia a través da orde de Embelecemento do Litoral de máis de 80.000 euros correspondente ao ano 2024. As obras comezarán a mediados de setembro para non interferir na tempada de verán, neste momento estanse a analizar as dúas ofertas presentadas para proceder a adxudicación da mesma.

A actuación vai dirixida embelecer e mellorar os elementos de protección do paseo marítimo de Caión. Esta segunda fase será de similares características e dará continuidade á primeira intervención desenvolvida nos primeiros meses deste ano. A actuación consiste na substitución dun tramo da varanda def madeira de castiñeiro (Castanea sativa).
Por outra banda, tívose en conta a necesidade de futuras reparacións de xeito que o deseño permite a substitución de pezas de xeito puntual sen ter que desmontar todo o conxunto e que dita reparación poderá ser realizada por man de obra non especializada. 

Comentarios