Falece un motorista tras un accidente na Laracha

00:27 19/07/20
Un motorista perdía a vida esta tarde de sábado, arredor das 16:45h tras sufrir unha caída na DP-1913, a altura do punto quilométrico 7,8, na parrroquia de Coiro. A moto, unha Honda, saíase pola marxe dereita, provocando o pasamento do condutor, de 45 anos.
Dáse a circunstancia que un irmán seu está sendo velado en tanatorio, polo que a Garda Civil activou o protocolo para a comunicación das malas noticias a nai do falecido.
Ao lugar acodiron Garda Civil, Protección Civil, PolicíaLocal, Bombeiros de Carballo.