Unha familia de Paiosaco arrasa na xornada de billarda
07:47 26/10/22
Acolleu o pavillón do IES Agra Leborís da Laracha a 4ª xornada da Liga Nororeste de Billarda. Unha proba que se ía celebrar en Paiosaco pero a borrasca convertiu en indoor.
No podio final das distintas categorías sucedeu algo insólito, inusual e inaudito, algo que vai ser difícil que se repita algunha vez máis. Si, tres membros da mesma familia subiron ao máis alto do podio en cada unha das categorías individuais e ganaron tamén na Categoría de Equipos, a familia Cancela Iglesias, Juan Carlos, Cruz e Miguel do Campo da Feira-Paiosaco.
Así podemos afirmar que Campo da Feira foi o gran triunfador da xornada. Ademais de vencer en todas as categorías, acercouse na xeral ao líder APB. Agora son 3 ptos os que separan aos dous equipos da Laracha.
Os resultados foron os seguintes.
- Categoría absoluta: Campión Juán Carlos (Campo da Feira-Paiosaco); Subcampión Edu Garcia (Campo da Feira-Paiosaco); e Terceiro Miranda (Filloas de Sangue-A Coruña).
- Categoría feminina: Campioa Cruz Iglesias (Campo da Feira-Paiosaco); Subcampioa Inés (Cochiqueiros-Cerceda) e Terceira Merche (APB Santa Marta -A Laracha).
- Categoría infantil: Campión Miguel Cancela (Campo da Feira-Paiosaco); Subcampión Valentín (Filloas de Sangue-A Coruña); Terceiro Kevin (APB-A Laracha).